Iniciar sesión: Acceso

O Val do Tea, espazo de artistas

É ben sabido que Ponteareas é terra de músicos e músicas, polo que o Val do Tea non podía ser menos! Celebramos o Día da Música cun concerto organizado polo Equipo de Biblioteca, onde parte do noso alumnado amosou o seu talento.

Parabéns, rapaces e rapazas polo voso traballo!

Viaxamos con Exeria

O luns da pasada semana, 13 de novembro, chegou Exeria para explicarnos detalles da súa viaxe e para convidarnos a seguir camiñando con ela polo seu libro, camiño das palabras...

O alumnado de 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de charlar con Marisa Vidal Collazo, autora de Eu son Exeria, lectura feminista dunha viaxe no século IV, sobre a vida desta interesante muller pioneira do seu tempo.

Grazas, Marisa, pola túa visita.

 

Visitamos Compostela da man de García Lorca. Continuamos camiño no Museo Valle Inclán

A chuvia non evitou que o pasado martes 31 de outubro o alumnado de 2º Bacharelato, da man do Departamento de Lingua Castelá, realizase un roteiro sobre Federico García Lorca polas rúas de Santiago de Compostela. A xornada rematou no Museo de Valle Inclán da Pobra do Caramiñal. Tanto para o alumnado como para as nais que participan no Club de lectura de familias resultou unha xornada moi interesante.

"Coñece as túas institucións". Visitamos o Parlamento Galego e a Xunta de Galicia

O pasado martes 31 de outubro, o alumnado de 3º ESO tivo a oportunidade de visitar o Parlamento galego e a Xunta de Galicia grazas ao programa "Coñece as túas institucións" e á iniciativa do Departamento de Xeografía e Historia. Ben se ve que foi unha visita moi interesante!

Creamos conciencia medioambiental

O noso alumnado da ESO participou ao longo desta última semana de outubro nunha actividade de concienciación ambiental levada a cabo por parte do persoal de voluntariado do Concello. Nesta explicouse a importancia do coidado dos nosos ríos, apoiándose nunha escultura con forma de váter feita con toalliñas recollidas este verán no río Tea.

Contos de terror nas Ondas do Tea

Arrincamos unha colección de lecturas de relatos de terror dos grandes autores e autoras da literatura universal.

Agardamos que vos axuden a pasar unha terrorífica velada nestes días de Defuntos!

 

  

 

Our colleagues from Wales are already here!

Xa están aquí os nosos compañeiros e compañeiras de Gales!

Onte, 23 de outubro, recibimos o grupo de alumnas e alumnos do Ysgol Cwm Brombil (Port Talbot) no noso centro. Ao longo desta semana compartirán co noso alumnado do PDC diferentes visitas e actividades didácticas coas que esperamos aprendan tanto sobre a nosa cultura e a nosa lingua como nós sobre a súa!

Agárdanos unha semana multicultural realmente interesante!

Gales e Galicia estreitan lazos en Ponteareas

No mes de outubro, chegan os concursos do EDLG!

Chega o outono, e con el os concursos do EDLG! Animádevos a participar! 

"Toca cociñar!"

Convidámosvos a participar na III edición do noso concurso de doces. Debedes respectar as bases do concurso que indicamos a continuación:

Elabora un doce e decórao para que sexa máis vistoso. A temática é o Samaín.

- Copia nun papel a receita deixando ben claro cales son os ingredientes que empregaches. Por suposto, debes escribir en galego.

- Pensa nun seudónimo que che guste e anótao no mesmo papel onde escribiches a receita. O teu nome real só debe coñecelo a persoa que recolla os doces.

- O día de entrega será o venres 3 de novembro antes do 1º recreoTerás que deixalo no lugar que se habilitará para iso. (podes preguntar en conserxería antes de entrar a 1ª hora).

- Durante o 1º e segundo recreo o xurado seleccionará os doces gañadores que recibirán premios.

Outono-Tea

Buscamos grandes fotógrafas/os!

- Fai unha foto que reflexe a beleza desta estación: o outono (non ten por que ser unha paisaxe, pode ser un obxecto, un detalle relacionado con esta estación… o que ti queiras)

- Pensa nalgunha frase, versos, ideas que che inspire esa foto que fixeches.

- Crea un documento no que achegues esas dúas cousas e envíao antes do venres 8 de novembro ao seguinte correo:

normalizacionvaldotea@gmail.com

- Recorda que debes empregar o galego.

 

Coñecemos de preto o servizo do 112

O pasado 25 de setembro o alumnado de 1º ESO tivo a oportunidade de achegarse ata o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias da Estrada, para coñecer de primeira man o funcionamento do servizo 112. 

Distribuir contido

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa