O responsable de SEO/SEM do Grupo HOTUSA acudirá ao IES Val do Asma o próximo venres 14 de decembro, para explicarnos como se emprega na práctica, no día a día dunha empresa multinacional, unha ferramenta como Google Analytics en relación ao posicionamento, á segmentación de usuarios e campañas.
As analíticas web son un dos segredos mellor gardados no marketing actual. Convidámosvos a participar nesta interesante sesión!
Lugar: Salón de Actos IES Val do Asma
Participa: CS de Desenvolvemento de Aplicacións Web e todos aqueles membros da comunidade educativa que desexen achegarse á actividade.
Organiza: Departamento de Informática