Skip to Content

Taboleiro, Delegados/as

APRENDER A ESTUDAR

Se queres mellorar a túa forma de estudar, é dicir, adicarlle menos esforzo o estudo e sacar mellores notas; recoméndoche a seguinte páxina web:

https://lenli.files.wordpress.com/2010/07/aprender-a-estudiar.png

 

ENTREGA DE NOTAS DA 1ª AVALIACIÓN

21/12/2017 14:00
21/12/2017 14:15

A entrega dos boletíns de notas correspondentes á 1ª avaliación efectuarase o xoves 21 de decembro de 2017 por parte do titor, na aula de referencia do grupo correspondente ás 14:00 horas, todos os cursos (ESO, BAC, FP réxime ordinario e FP dual).

OBRADOIRO DE CAPOEIRA

21/12/2017 11:45
21/12/2017 14:00

Obradoiro de Capoeira e cultura brasileira. Para ver as imaxes desta actividade preme na foto.

Lugar: Pavillón do IES Val do Asma.

Grupos: Toda a comunidade educativa.

Organiza: Departamento de Educación Física.

TRÁMITES POSTA EN MARCHA DA TÚA EMPRESA

29/11/2017 16:45
29/11/2017 18:40

O alumnado do C.S. de Administración e Finanzas das modalidades de Ordinario e Dual recibirá unha charla informativa sobre os trámites ante a Administración Local para a posta en marcha dunha empresa, impartida polo funcionario do Concello de Chantada, Jesús Ledo Cores, Xefe de Negociado de Urbanismo e Medio Ambiente.

Lugar: IES Val do Asma

Grupos: Alumnado C.S. de Administración e Finanzas.

Organiza: Departamento de Administración.

SAÍDA CULTURAL - VIGO

23/11/2017 08:45
23/11/2017 14:15

Visita ao Museo do Mar de Galicia e ao Museo de arte contemporánea (MARCO). Para ver as imaxes desta actividade preme na foto.

Lugar: Vigo

Grupos: 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC

Organiza: Departamento de Galego

OBRADOIRO CRUZ VERMELLA-DROGAS

21/11/2017 09:35
21/11/2017 10:25

Obradoiro levado a cabo coa colaboración da Cruz Vermella, no cal se traballarán aspectos relacionados cós hábitos saudables frente ao consumo de drogas. Para ver máis imaxes desta actividade preme na foto.

Lugar: IES Val do Asma.

Grupos: 4º ESO e FP Básica.

Organiza: Departamento de Orientación.

VISITA AO FORUM FAIRWAY

14/11/2017 09:00

Alumnado do C.S. de Axencias de Viaxe e Xestión de Eventos, FP dual, asistirá ao segundo Forum Fairway , feira e congreso sobre O Camiño de Santiago. Entre os sectores presentes na feira profesional estarán: axencias de viaxes e touroperadores de 14 paises distintos, transporte de viaxeiros, aloxamentos, desarrolladores de software turístico, centrais de reserva, merchandising, guías, saude para o peregrín e representacións do goberno da prefectura de Wakayama (Japón), sede do Camiño Kumano Kodo; asi como os departamentos de turismo de distintas comunidades autónomas. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: Palacio de Congresos - Santiago de Compostela
Grupos: Alumnado C.S. de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos
Organiza: Departamento de Hostalaría e Turismo.

CARREIRA DE ORIENTACIÓN POR CENLLE

09/11/2017 08:45
09/11/2017 15:45

Esta actividade consiste en realizar un percorrido de 3 Km. coa axuda dun compás e un mapa, no que están marcados os puntos que hai que visitar de forma obrigada e en orde. Despois da carreira farán unha "Gymkana". Para ver as imaxes desta actividade preme na foto.

Lugar: Cenlle - Ourense.
Grupos: 2º ESO, 3º ESO e 1º BAC.
Organiza: Departamento de Educación Física.

SAÍDA CULTURAL - OURENSE

08/11/2017 08:45
08/11/2017 14:15

Visita a exposición "H2Oh! Los secretos del agua de tu cidudad" e ao Centro de Interpretación As Burgas. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: Ourense.

Grupos: 1º ESO.

Organiza: Departamento de Bioloxía.

OBRADOIRO CRUZ VERMELLA-DROGAS

06/11/2017 09:35
06/11/2017 10:25

Obradoiro levado a cabo coa colaboración da Cruz Vermella, no cal se traballarán aspectos relacionados cós hábitos saudables frente ao consumo de drogas . Para ver máis imaxes desta actividade preme na foto.

Lugar: IES Val do Asma.

Grupos: 4º ESO e FP Básica.

Organiza: Departamento de Orientación

Distribuir contido


by Dr. Radut