Skip to Content

Taboleiro, Delegados/as

DIA DO ENSINO 2018

07/12/2018

O venres 7 de decembro de 2018 non haberá clase por celebrarse o Día do Ensino, así establecido no calendario escolar.

NOVOS MEMBROS CONSELLO ESCOLAR 2018

Nas pasadas eleccións, do 26 de novembro, a membros do Consello Escolar saíron elixidos/as:

Representantes do alumnado:

  • Candela Touriño González
  • Laura Suárez López
  • Sara Fernández Álvarez

Representantes dos pais, nais e titores:

  • José López Fernández
  • Mª José Vázquez Goyanes

Representantes do profesorado:

  • Roberto Campo Santos
  • Francisco Cidre Subiela
  • Mercedes Sánchez López
  • Ana Isabel Álvarez Teixeira

GALICIA SKILLS 2018

29/11/2018 08:45
29/11/2018 20:00

O alumnado de FP do CB  de Mantemento de vehículos e do CM de Electromecánica de vehículos automóbiles asistirán ao Galicia Skills 2018 que se celebrará en Silleda os días 28, 29 e 30 de novembro.

Preme na imaxe para ver máis fotografías.

PARLAMENTANDO

Co gallo da celebración do 40 aniversario da Constitución Española recibiremos a visita, en dúas datas diferentes, de dous ex deputados:

  • Maribel Sánchez Montenegro: Deputada no Parlamento de Galicia na VIII Lexislatura, dende o 1 de abril de 2009 ata o 27 de agosto de 2012 que nos contará a súa experiencia o luns 10 de decembro. Para acceder ao evento preme aquí.
  • David Bruzos Higuero: Deputado no Congreso de los Diputados durante a XI Lexislatura que se desenvolveu dende o 13 de xaneiro ata o 19 de xullo de 2016, sendo a única na que non se pudo nomear ao Presidente do Goberno, que acudirá ao instituto o martes 18 de decembro. Para acceder ao evento preme aquí.

CHARLA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

28/11/2018 12:00
28/11/2018 14:00

O vindeiro 28 de novembro o alumnado da familia profesional de automoción participará nunha Charla sobre Prevención de Riscos Laborais no seu sector. A actividade enmárcase dentro da Campaña de Sensibilización de Riscos Laborais para centros de FP que está a levar a cabo o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, en colaboración co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e coa empresa CRPREVENCIÓN.

Lugar: IES Val do Asma

Participa: CB e CM de Automoción

Organiza: Departamento de Automoción

 

 

VOTACIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018

26/11/2018 11:15
26/11/2018 20:00

Todas as sesións de votacións celebraranse o luns 26 de novembro de 2018, nos seguintes horarios:

    Alumnado dende as 11:15 horas ata 12:45 horas

    Profesorado ás 14:20 horas

    Pais, nais e titores/as dende as 17:30 horas ata ás 20:00 horas

CHARLA SOBRE PREVENCIÓN DO ALCOHOLISMO

26/11/2018 12:35
26/11/2018 13:25

O alumnado asistirá a unha charla impartida pola psicóloga, Mª Rosario Ingunza Rajo, da asociación ARCHA (Alcóholicos rehabilitados de Chantada) na que se abordarán os efectos do alcohol na xuventude planteando os efectos diferenciais en función do sexo. A charla organízase dende o CIM (Centro de Información á Muller) do Concello de Chantada.
Lugar: IES Val do Asma.
Grupos: 3º ESO e 4º ESO.
Organiza: Departamento de Orientación.

REMATE PRAZO CAMPAÑA CONTRA O MALTRATO

23/11/2018 08:45
23/11/2018 10:00

O IES Val do Asma inicia unha Campaña en Instagram con motivo do Día Contra a Violencia de Xénero, que se celebra o próximo 25 de novembro. Prepara unha tarxeta cunha mensaxe que contribúa a acabar coa invisibilidade do maltrato, a frase pode ser da túa propia autoría ou dun terceiro, neste último caso, non esquezas mencionar a fonte da túa cita.

Anímate a participar!!! A mensaxe máis votada terá premio.

Organiza: Departamento de Orientación.

No seguinte documento podes atopar toda a información.

TITORÍAS E DELEGADOS/AS DE GRUPO 2018-2019

Para consultar o listado de titores/as e delegados/as preme aquí.

19/11/18 O PLENO DE CHANTADA ACORDA REIVINDICAR A IGUALDADE DE OPCIÓNS EDUCATIVAS PARA O ALUMNADO DO RURAL

 

Distribuir contido


by Dr. Radut