Skip to Content

Taboleiro, Delegados/as

LISTADO PROVISIONAL PLAN PROXECTA 2019-2020

O PLAN PROXECTA é unha iniciativa de innovación educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que busca a integración na planificación anual dos centros de programas postos en marcha por entidades alleas ao sistema educativo. Para máis información preme aquí.

O listado provisional de proxectos admitidos para a participación do IES Val do Asma dentro do Plan Proxecta durante o curso 2019/2020:

08. Donas de si

09. Por 365 días de respecto e igualdade

13. Proxecto Terra

29. Correspondentes xuvenís 3.0

1ª XUNTA DE DELEGADOS 2019/2020

O pasado 8 de novembro tivemos a primeira Xunta de Delegados na que os representantes dos alumnos/as comunicaron á Xefa de Estudos as súas propostas de mellora: poñer unha fonte de auga no patio, introducir unhas caixas para depositar os teléfonos móbiles en 3º da ESO, organizar unha saída de convivencia de grupo-clase de fin de curso, facer unha mellor xestión do lixo clasificando e reciclando... Do mesmo xeito fixeron un exercicio de reflexión e autocrítica detectando as materias nas que máis dificultades teñen, aquelas nas que hai máis condutas disruptivas e aqueloutras que requiren un maior esforzo.

A Xefa de Estudos, pola súa banda, recordoulles as normas básicas de convivencia, recolleu as súas propostas comprometéndose a transmitilas á equipa directiva e buscando mediar entre alumnado-profesorado. Tamén presentou o programa de reciclaxe que se desenvolverá no noso centro no vindeiro trimestre.

Tratouse, sen dúbida, dunha experiencia única e moi enriquecedora.

Adxúntanse imaxes de dita reunión.

EDUEMPRENDE ACTÚA 19-20

20/11/2019 12:00
20/11/2019 13:30

Actividade na que participará persoal técnico do IGAPE, se presentará unha persoa emprendedora da comarca que compartirá co alumnado a súa experiencia persoal e ao remate haberá unha mesa redonda. Para máis información preme aquí.

Lugar: IES Val do Asma
Destinatarios : Alumnado 2º curso Ciclos Superiores e alumnado de Economía no BAC.
Organiza: Departamento de Administración.

MAGOSTO

15/11/2019 11:45
15/11/2019 14:15

 

OBRADOIRO AUDIOVISUAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

14/11/2019 10:25
14/11/2019 14:15

Por mor da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) o IES Val do Asma realizará un obradoiro audiovisual en que o alumnado en 3 sesións vai a traballar a Igualdade de xénero. A última sesión empregarase para grabar un vídeo elaborado por eles.

Destinatarios: Alumnado de 3º ESO

Organizan: Departamento de Orientación e o Departamento de Educación Plástica e Visual

LISTADO DE DELEGADAS E DELEGADOS 19-20

NORMAS XUNTA DE DELEGADOS/AS

Acceso ás normas.

VIAXE A EDIMBURGO

09/11/2019 10:00
15/11/2019 17:00

Alumnado do IES Val do Asma realizará unha viaxe a Edimburgo, grazas ao "Programa de Mobilidade de FP Dual".

Destinatarios: Alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas modalidade dual.

VIAXE A LONDRES

04/11/2019 10:15
09/11/2019 17:15
Alumnado do IES Val do Asma realizará unha viaxe a Londres, grazas ao "Programa de Mobilidade de FP Dual".

Destinatarios: Alumnado do Ciclo Superior de Axencias de Viaxe e Xestión de Eventos modalidade dual.

VISITA Á AULA NEWTON

22/10/2019 08:45
22/10/2019 14:15

Alumnado de 4º ESO visitará en Lugo a Aula Newton
Lugar: Lugo
Grupos: Alumnado de 4º ESO
Organiza: Departamento de Matemáticas

Distribuir contido


by Dr. Radut