Skip to Content

Taboleiro

Prazos de matrícula para curso 23-24

Para ver todos os prazos de matrícula, da ESO, BAC, CB, CM, CS ordinario e CS dual preme aquí.

Entrega notas finais e reclamacións 2023

Xoves 22 de xuño de 2023 ás 16:00h: Publicación das notas no Abalar.
Venres 23 de xuño de 2023 ás 10:00h: Entrega de notas (na aula de referencia) para ESO, BAC e CB.
Luns 26 e martes 27 de xuño de 2023 a partir das 11:00h: Revisións de notas.

Fin curso 22-23

21/06/2023

Último día lectivo adicado dende as 8:45 horas á devolución de libros de texto, dos préstamos da biblioteca, devolución de chaves de taquillas, etc que rematará, a partir das 12:35 horas, cun acto festivo no que haberá:

  • Entrega de diplomas de Erasmus+ a alumnado e profesorado participante nas mobilidades á Güiana Francesa.
  • Actuación musical do alumnado que cursa a materia de Música.
  • Concerto de Alfonso Medela Trío.

Remate exposición fotográfica

26/06/2023

Fin da exposición de fotografía na Casa da Cultura de Chantada do 9 ao 26 de xuño. Actividade comprendida no CP INNOVA de Eduexcelencia organizado desde o departamento de Xeografía e Historia e realizado polo alumnado de 4 ESO durante este curso escolar. Para saber máis preme aquí.

Destinatarios/as: Público en xeral
Lugar: Casa da Cultura de Chantada
Organiza: Departamento de Xeografía e Historia

Cea de Xeracións

16/06/2023 21:30
16/06/2023 23:58

Celebración da Cea de Xeracións para todas as persoas que forman ou formaron parte da comunidade educativa do IES Val do Asma (alumnado, profesorado, PAS, familias, ...  de todas as xeracións). Podedes mercar a entrada no propio Mesón Mogay en horario de 11 a 17h, excepto os martes, ata o mércores 14.  

Calendario exames extraordinarios xuño 2023

As datas de celebración das probas extraordinarias son:

Admisión ciclos 23-24

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, ven de publicar o calendario de admisión a ciclos formativos de formación profesional 2023-2024. O prazo de inscrición será do 23 de xuño ás 9:00 horas ao 5 de xullo ás 13:00 horas. Para máis información preme aquí.

Exposición fotográfica

09/06/2023 18:30
09/06/2023 20:00

Inauguración da exposición de fotografía na Casa da Cultura de Chantada(dende o 9 ao 26 de xuño). Actividade comprendida no CP INNOVA de Eduexcelencia organizado desde o departamento de Xeografía e Historia e realizado polo alumnado de 4 ESO durante este curso escolar.

Destinatarios/as: Público en xeral
Lugar: Casa da Cultura de Chantada
Organiza: Departamento de Xeografía e Historia

 

Acta presentación Probas libres FP

Acta de presentación ás Probas libres de FP. Acceso á mais documentación.

Entrega de notas 3ª avaliación 22-23

As notas de todos os grupos (1ºCB, 1ºCM, 1º BAC e 1ºCS) serán publicadas o martes 6 de xuño de 2023 as 19h a través de Abalar. A entrega en papel realizarase ao día seguinte no recreo (1ºCB, 1ºCM e 1º BAC) .

As reclamacións ás cualificacións ordinarias (1º CB e 1ºBAC) poderán realizarse o mércores 7 e xoves 8 de xuño en horario escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut