Skip to Content

fp dual

Informática e Comunicacións

Ciclo Básico Informática de Oficina

Neste CB aprenderás a realizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, periféricos e redes de comunicación de datos, e de tratamento, reprodución e arquivamento de documentos, operando coa calidade indicada e en condicións de seguridade e de protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. E poderás traballar en actividades por conta allea en empresas dedicadas á comercialización, á montaxe, ao mantemento e á reparación de sistemas microinformáticos e de equipamentos eléctricos ou electrónicos, e en empresas que utilicen sistemas informáticos, para a súa xestión.

Podes presentar a túa solicitude a través da Aplicación web de Admisión a Ciclos da Consellería de Educación ou ben acudindo ao noso instituto.

Para calquera consulta con nós no enderezo electrónico ies.val.asma@edu.xunta.gal ou no teléfono 982 870 236.

 

Ciclo Superior Desenvolvemento Aplicacións Web (modalidade dual intensiva)

Se che gusta INTERNET as APLICACIÓNS WEB e a INFORMÁTICA o noso ciclo proporcionarache o título público oficinal. Ademais, a diferencia da FP ordinaria cando finalices este ciclo xa posuirás EXPERIENCIA PROFESIONAL REAL NO TEU CURRÍCULUM soamente posible na FP dual intensiva o que maximiza a empregabilidade efectiva dos nósos alumnos.

Este valor adicional ofrecémolo mediante convenios cunha compañía multinacional con sede en Galicia que ten en Chantada varias áreas operativas. Na súa Área de Informática desenvolven aplicacións web para todo o mundo coas últimas tecnoloxías. Se buscas un futuro profesional real e cercano, súmate a un dos sectores con maior demanda na actualidade e nas próximas décadas. 

Para consultar calquera dúbida contacta con nós no enderezo electrónico ies.val.asma@edu.xunta.gal ou no teléfono 982 870 236.

Podes presentar a túa solicitude a través da Aplicación web de Admisión a Ciclos da Consellería de Educación ou ben acudindo ao noso instituto.

Para cubrir o CV Europass preme aquí.

fpdual formación profesional informatica ciclo superior desarrollo aplicaciones web galicia chantada hotusaGrupo Hotusa contratou que nos últimos 5 anos máis de 200 xoves e segue en crecemento constante. Unha das áreas con maior crecemento nos próximos anos será a Área de Informática.

O IES Val do Asma somos un dos centros líderes en Formación Profesional Dual, no que parte do ciclo que se realiza no centro e parte in-company nunha empresa do sector e con remuneración económica como bolsa.

Se queres invertir no teu futuro, investiga por tí mesmo:

 

 

OFERTA EDUCATIVA 24-25

No IES Val do Asma pódese cursar:

Ensino Secundario Obrigatorio (1º a 4º) - ESO

Bacharelato (1º e 2º) - BAC

Ciencias e Tecnoloxía

Humanidades e Ciencias Sociais

Formación Profesional:

F.P. Básica: Mantemento de Vehículos e Informática de oficina

Ciclos formativos de grao medio: CM Electromecánica de vehículos automóbiles e CM Xestión Administrativa (NOVIDADE 24-25!!!)

Ciclo formativo de grao superior: CS Administración e finanzas

Ciclos formativos de grao superior de modalidade dual intensiva:

  • C.S. Automoción (NOVIDADE 24-25!!!)

Ademais o centro participa nos seguintes programas:

De innovación educativa: Plan Proxecta+, Contratos-Programa CPinclúe e CP INNOVA

De proxección internacional: eTwinning e Erasmus+.

 

Os novos itinerarios de 3º ESO, o CB e CM son estudos financiados polo FONDO SOCIAL EUROPEO

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut