Skip to Content

Concedido proxecto Erasmus+ KA122-SCH

Publicado, hoxe, o listado provisional de solicitudes seleccionadas Erasmus+ Escolar. Neste listado so 235 centros educativos, entre eles o IES Val do Asma, dun total de 1.070 solicitudes de toda España, acadaron a nota de corte precisa para seren financiados pola Unión Europea.

O proxecto denominado O papel da educación e a innovación nunha convivencia sostible con código 2024-1-ES01-KA122-SCH-000210728, contará cun presuposto de 19.769,00 euros para realizar mobilidades de corta duración para o  alumnado e personal de Educación Escolar (ESO e BAC).

Este novo proxecto poñerase en marcha no curso 2024-2025 e terá unha duración de 18 meses (dende o 01/12/2024 ata o 31/05/2026)

Somos un centro Erasmus+!



story | by Dr. Radut