Ampliación da axuda para adquirir material escolar
Publicación da RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2022 pola que se amplía a axuda para adquirir material escolar en 25 euros adicionais.
- As persoas que xa foron beneficiarias de axuda para adquiriren material escolar ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2022, poderán recoller o vale para adquirir material escolar-ampliación por importe de 25 € adicionais no respectivo centro docente, a partir do luns 17 de outubro de 2022.
- O alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso e ata o 31 de marzo de 2023, logo da tramitación e concesión do vale para adquirir material escolar nos termos establecidos na Orde do 29 de abril de 2022, poderá recoller no centro docente:
a) O vale para adquirir material escolar por importe de 50 €.
b) E o vale para adquirir material escolar-ampliación por importe de 25 € adicionais.