Skip to Content

Visita do presidente de APAGA

O presidente da Asociación do Profesorado de Automoción de Galicia, APAGA , reuniuse coa directora, coa coordinadora Erasmus+ e co profesorado e alumnado do CB Mantemento de vehículos e do CM Electromecánica de vehículos automóbiles para informarlles das bolsas para realizar a FCT (Formación en Centros de Traballo) en algúns dos países cos que teñen acordos asinados: Portugal, Italia, Croacia e outros. Estas bolsas están financiadas pola Unión Europea a través de proxectos Erasmus+.

Para ver as imaxes da xuntanza do pasado xoves 25 de novembro de 2021 preme na Galería de Imaxes.



story | by Dr. Radut