Skip to Content

Primeira toma de contacto virtual entre os socios do proxecto 2020-1-FR01-KA229-080491_2

Alumnado e profesorado do IES Val do Asma tiveron, o pasado 3 de decembro, un encontro virtual para coñecer aos seus colegas franceses do Lycée Professionnel Le Chatelier de Marsella (Francia). Esta reunión serviu para coñecerse, poñer en práctica o inglés, idioma no que se desenvolverá o proxecto, e para tratar a elaboración de contidos e outros aspectos que se poñen en común a través da plataforma eTwinning.



story | by Dr. Radut