Proxecto Erasmus+ con Francia
Aprobada a concesión de dúas mobilidades para profesorado e 7 para o alumnado do CS Administración e Finanzas, dentro do proxecto 2020-1- FRO1- KA229-080491_2 financiado pola Unión Europea con 23.221 euros. "Un alumno europeo que descobre o mercado laboral" nome do proxecto, permitirá a profesorado e alumnado realizar contactos a través da plataforma eTwinning e visitas e intercambios cos seus socios franceses do Lyceée Professionnel Lle Chatelier de Marsella (Francia) e Lycée Polyvalent Lama- Prevot na Güiana francesa.