FEIRA INTERNACIONAL DE TURISMO - FITUR (MADRID)
16/01/2018 20:00
19/01/2018 08:00
Alumnado de 2º curso do C.S. de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos acudirá a FITUR, unha das Feiras de Turismo máis importantes do sector a nivel mundial. Alí visitará, entre outros, o stand do Grupo HOTUSA, no que se presentarán catro novas marcas de hoteis que a empresa comezará a comercializar e tamén coñecerá os principais atractivos turísticos da capital. Para ver as imaxes desta actividade preme na foto.
Lugar: IFEMA - Madrid
Grupos: Alumnado C.S. de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos
Organiza: Departamento de Hostalaría e Turismo.