Skip to Content

Administración e Xestión

Ciclo Medio Xestión Administrativa

Dende o curso 24-25 o IES Val do Asma oferta o CM de Xestión Administrativa no que aprenderás a realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal. Atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas públicas e privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección  ambiental. Poderás traballar en calquera tipo de empresa, independentemente do seu tamaño e do sector de actividade, nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.

Se estás interesado/a podes presentar a túa solicitude a través da Aplicación web de Admisión a Ciclos da Consellería de Educación ou ben acudindo ao noso instituto. 

Para calquera consulta que teñas contacta connosco a través do enderezo electrónico ies.val.asma@edu.xunta.gal ou por teléfono no 982 870 236 en horario de 10:00 a 14:00 de luns a venres.

Ciclo Superior Administración e Finanzas

"Sempre se pode, cando se quere" (José Luis Sampedro, economista e escritor)

Se che gusta a contabilidade e o traballo de oficina, en xeral, este ciclo outorgarache un título público oficial de técnico superior nunha área con gran demanda. 

Neste ciclo superior aprenderás  a organizar e executar as operacións de xestión e administración nos procesos comerciais, laborais, contables, fiscais e financeiros dunha empresa pública ou privada, aplicando a normativa e os protoco los de xestión de calidade, xestionando a información, asegurando a satisfacción da clientela e/ou dos usuarios, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
Poderás traballar en empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade, nomeadamente no sector de servizos, así como na Administración pública, desempeñando as tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial, contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención á clientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas e xestionando o arquivo e as comunicacións da empresa.Poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou a través do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira ou laboral, estudos de proxectos, etc

Se estás interesado/a podes presentar a túa solicitude a través da Aplicación web de Admisión a Ciclos da Consellería de Educación ou ben acudindo ao noso instituto. 

Para calquera consulta que teñas contacta connosco a través do enderezo electrónico ies.val.asma@edu.xunta.gal ou por teléfono no 982 870 236 en horario de 10:00 a 14:00 de luns a venres.



page | by Dr. Radut