Skip to Content

Eventos

Seleccionar filtrado por categoría
Seleccionar filtrado por tipo de evento
Mércores Novembro 20, 2024

Para conmemorar o Día dos Dereitos da Infancia o alumnado na hora de titoría preparará uns móbiles onde representarán os dereitos que consideran fundamentais. Ao mesmo tempo, dende a Biblioteca, prepararán unha mesa temática con obras e xogos infantís e o alumnado de 1° CB de Informática de Oficina encargarase da elaboración do cartel. Para ver as imaxes da actividade preme aquí.

Lugar: IES
Grupos: Todo o alumnado
Organiza: Biblioteca do IES Val do Asma

Comezo:20/11/2024 10:30
Fin:20/11/2024 13:30

O Espazo Xove de Chantada virá ao centro a informar e facer o carné xove do alumnado.

Lugar: IES
Grupos: Todo o alumnado
Organiza: Departamento de Orientación

Venres Novembro 22, 2024

Horario das votacións do 22/11/24 acordado pola Xunta Electoral:

11:15 horas - 11:45 horas: Constitución mesa electoral, votación e escrutinio alumnado.
14:15 horas - 15:15 horas: Constitución mesa electoral, votación e escrutinio persoal de administración e servizos.
16:30 horas - 19:00 horas: Constitución mesa electoral, votación e escrutinio pais/nais e titores/as legais.
20:35 horas - 21:00 horas: Claustro extraordinario de profesores/as. Constitución mesa electoral, votación e escrutinio profesorado.

Martes Novembro 26, 2024
Comezo:26/11/2024 12:35

Participación no programa Que non te líen, ti elixes, iniciativa conxunta das consellerías de Cultura, Educación, FP e Universidades e de Promoción do Emprego e Igualdade a través da cal se busca fomentar, desde as aulas, unha orientación profesional libre de estereotipos de xénero así como a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e o fomento da coeducación.

Dirixido a: Alumnado de 3º ESO (12:35h) e 4º ESO(13:25h).
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

Xoves Novembro 28, 2024
Comezo:28/11/2024 09:35
Fin:28/11/2024 14:15

Taller práctico sobre primeiros auxilios impartido pola Cruz Vermella.

Lugar: Pavillón do IES
Grupos:1º CB informática, 1º CB Mantemento de vehículos, 1º CM Xestión, 1º CM electromecánica, 1º CS administración e 1º CS DAW (de 9:35 a 11:15). 1 º e 2º da ESO (de 12:35 a 14:15)
Organiza:Departamento de Fol e Departamento de Educación Física.

Venres Novembro 29, 2024
Comezo:29/11/2024 11:45
Fin:29/11/2024 13:25

Obradoiros Quérote+ sobre Benestar emocional para alumnado de 1º BAC e sobre Educación afectivo-sexual para 3º ESO.

Lugar: IES Val do Asma (aula de referencia).
Grupos: 3º ESO (12:35h) e 1º BAC (11:45h).
Organiza: Departamento de Orientación.

Luns Decembro 02, 2024
Comezo:02/12/2024 13:25
Fin:02/12/2024 14:15

Conferencia impartida polo Dr. Diego Peña da USC (Universidade de Santiago de Compostela) que consistirá nunha exposición sobre a importancia de dominar e coñecer as moléculas facendo unha introducción persoal á química orgánica e falando de moléculas relevantes que cambiaron o mundo, fármacos, materiais, etc.

Lugar: Aula de 3º ESO
Grupos: Alumnado de 3ºESO e 4ºESO
Organiza: Departamento de Física e química.

Comezo:02/12/2024 15:05
Fin:02/12/2024 16:45

Para acceder á información do proxecto preme aquí.

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 1º de ESO (ás 15:55h) e 2º de ESO (ás 15:05h).
Organiza: Departamento de Orientación.

Distribuir contido


by Dr. Radut