Skip to Content

Eventos

Seleccionar filtrado por categoría
Seleccionar filtrado por tipo de evento
Venres Novembro 08, 2024
Comezo:08/11/2024 11:45
Fin:08/11/2024 14:15

 

Como xa é tradición no IES Val do Asma, o vindeiro venres 8 de novembro celebrarase un magosto para toda a comunidade educativa. Despois do recreo haberá xincana para o alumnado da ESO e CB (haberá premios para o tres primeiros clasificados) e dende as 13.25h poderemos degustar castañas e outros manxares.

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: ESO, BAC e FP
Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares e Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG).

Martes Novembro 19, 2024
Comezo:19/11/2024 10:25
Fin:19/11/2024 14:15

Trátase dun Escape Room en Igualdade de Xénero, un xogo cooperativo, unha ginkana de interior que se recrea nunha sala especial, na que un grupo de persoas teñen que superar probas, descifrar códigos e enigmas para abrir candados e maletas, e poder saír deste espazo interior”.

Lugar: Biblioteca
Grupos: 2ª hora: FP básicas (todos), 3ª hora: 2º ESO, 4ª hora: 3º ESO, 5ª hora: 1º ESO e 6ª hora: 4º ESO
Organiza: Departamento de Orientación e DACE

Mércores Novembro 20, 2024

Para conmemorar o Día dos Dereitos da Infancia o alumnado na hora de titoría preparará uns móbiles onde representarán os dereitos que consideran fundamentais. Ao mesmo tempo, dende a Biblioteca, prepararán unha mesa temática con obras e xogos infantís e o alumnado de 1° CB de Informática de Oficina encargarase da elaboración do cartel. Para ver as imaxes da actividade preme aquí.

Lugar: IES
Grupos: Todo o alumnado
Organiza: Biblioteca do IES Val do Asma

Comezo:20/11/2024 10:30
Fin:20/11/2024 13:30

O Espazo Xove de Chantada virá ao centro a informar e facer o carné xove do alumnado.

Lugar: IES
Grupos: Todo o alumnado
Organiza: Departamento de Orientación

Venres Novembro 22, 2024

Horario das votacións do 22/11/24 acordado pola Xunta Electoral:

11:15 horas - 11:45 horas: Constitución mesa electoral, votación e escrutinio alumnado.
14:15 horas - 15:15 horas: Constitución mesa electoral, votación e escrutinio persoal de administración e servizos.
16:30 horas - 19:00 horas: Constitución mesa electoral, votación e escrutinio pais/nais e titores/as legais.
20:35 horas - 21:00 horas: Claustro extraordinario de profesores/as. Constitución mesa electoral, votación e escrutinio profesorado.

Distribuir contido


by Dr. Radut