Eventos
Ven | ||
---|---|---|
Comezo:07/06/2024 11:45
Fin:07/06/2024 12:35
Alumnado do IES Val do Asma asistirá a un encontro coa escritora Andrea Maceiras co fin de dialogar arredor das obras A folla azul e O que sei do silencio. Destinado a: Alumnado de 1º, 2º, 4º ESO e 3º PDC.
Comezo:07/06/2024 18:30
Fin:07/06/2024 21:00
Con motivo da finalización da formación escolar nos 2º cursos (BAC, CM e CS), o IES Val do Asma celebrará un acto de graduación ao que asistirán familiares e amigos/as do alumnado. Neste acto cada alumno/a recibirá a orla de grupo e un diploma acreditativo da súa formación. |