Eventos
Con este obradoiro, importartido pola relatora Teresa Fernández, psicóloga de ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia) buscamos axudar ós/as adolescentes no desenvolvemento dos seus valores, actitudes e crenzas, así como na construción da súa nova identidade, lonxe da infancia, e na que se establecen novos patróns de relación tanto cos/as adultos/as como cos/as iguais e o entorno social.
Cunha metodoloxía de ensino-aprendizaxe totalmente participativa e vivencial, búscase xerar espazos de encontro e confianza onde poder realizar un intercambio de experiencias, vivencias, aprendizaxes e problemáticas, e traballar xuntos nas posibles solucións.
Destinatarios/as: Alumnado de 2º e 3º de ESO (3º ESO 09.35-10.25 h e 2º ESO 10.25-11.15 h)
Lugar: Aulas de referencia.
Organiza:Departamento de Orientación.
Celebraremos o Día de Europa, 9 de maio, cunha actividade na que o alumnado se achegará aos datos e símbolos da Unión Europea, disfrutaremos do Himno da UE interpretado polo alumnado de 4º ESO e continuaremos co gran FestiVAL DO ASMAVisión. O alumnado votará polas súas cancións favoritas dos 27 países da UE. A actividade realizarase en varios dos idiomas oficiais da UE.
Destinatarios/as: Alumnado de ESO (1º, 2º, 3º e 4º), 1º BAC, 1º CM e 1º CB (IFO e AUTO)
Lugar: Salón de actos e aulas de referencia.
Organiza: Equipo Erasmus+ coa colaboración do Equipo da BiblioAsma, Departamentos de Linguas (Castelá, Francés e Inglés), Música e Informática.
Primeira sesióndo programa Finanzas para Mortales na que se imparten sesións de educación financeira.
Destinatarios/as: Alumnado de 1º CM Electromecánica de Vehículos Automóbilies e de 1º CS Administración e finanzas.
Lugar: Aulas de referencia.
Organiza:Departamento de Formación e Orientación Laboral (FOL).
Segunda sesión do obradoiro, importartido pola relatora Teresa Fernández, psicóloga de ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia) no que buscamos axudar ós/as adolescentes no desenvolvemento dos seus valores, actitudes e crenzas, así como na construción da súa nova identidade, lonxe da infancia, e na que se establecen novos patróns de relación tanto cos/as adultos/as como cos/as iguais e o entorno social. Cunha metodoloxía de ensino-aprendizaxe totalmente participativa e vivencial, búscase xerar espazos de encontro e confianza onde poder realizar un intercambio de experiencias, vivencias, aprendizaxes e problemáticas, e traballar xuntos nas posibles solucións.
Destinatarios/as: alumnado 2º e 3º de ESO (2º ESO 09.35-10.25 h e 3º ESO 10.25-11.15 h)
Lugar: Aulas de referencia.
Organiza:Departamento de Orientación.
Taller de primeiros auxilios.
Destinatarios/as: Alumnado de 2º ESO
Lugar: Salón de actos ou aulas de referencia.
Organiza: ANPA (Asociación de Nais e Pais do Alumnado) do IES Val do Asma.
Andaina de 13 km con saída e chegada no IES Val do Asma.
Destinatarios/as: Alumnado de 1º BAC.
Lugar: Ribeira Sacra no Concello de Chantada.
Organiza:Departamento de Educación Física.
O alumnado realizará o tramo do Camiño de Santiago entre Hostpital da Cruz (Portomarín) e Palas de Rei.
Destinatarios/as: Alumnado de 1º de ESO
Lugar: Provincia de Lugo
Organiza: Departamento de Educación Física
Segunda sesión do programa Finanzas para Mortales na que se imparten sesións de educación financeira.
Destinatarios/as: Alumnado de 1º CM Electromecánica de Vehículos Automóbilies e de 1º CS Administración e finanzas.
Lugar: Aulas de referencia.
Organiza:Departamento de Formación e Orientación Laboral (FOL).
As tres coordinadoras Eramus+ dos centros educativos Lycée Professionnel Le Chatelier de Marsella (Francia), LPO Lama-Prevot de Cayenne (Francia) e IES Val do Asma realizarán unha videochamada, o martes 16 de maio de 2023, para tratar sobre o proxecto Erasmus+ conxunto, que finalizará o 31/08/23. Para saber máis deste proxecto con código 2020-1-FR01-KA229-080491_2 preme aquí.
O 17 de maio non haberá clase por ser festivo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Con motivo da finalización da formación escolar nos 2º cursos (BAC, CM e CS), o IES Val do Asma celebrará un acto de graduación ao que asistirán familiares e amigos/as do alumnado. Neste acto cada alumno/a recibirá a orla de grupo e un diploma acreditativo da súa formación.
Destinatarios/as: Alumnado de 2º BAC, 2º CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles, 2º CS Administración e finanzas e 2º CS Desenvolvemento de Aplicacións Web.
Lugar: Auditorio Municipal de Chantada.
Organiza: DACE (Departamento de Actividades Complemetarias e Extraescolares)