Eventos
Para máis información preme aquí.
O alumnado de 4º ESO asistirá dende o 12 de abril acompañado da súa profesora de Educación Física, á piscina municipal de Chantada para practicar natación. O horario da actividade desenvolverase entre as 11:15 e as 13:25 horas todos os mércores ata final de curso.
Dirixido a: Alumnado de 4º ESO.
Lugar: Piscina Municipal de Chantada.
Organiza: Departamento de Educación Física.
A vicepresidenta 1ª da Real Sociedad Matemática Española, e catedrática da USC, Victoria Otero Espinar, visitará o IES Val do Asma para felicitar en persoa ao alumnado de 4ºESO, premiado no concurso MaThyssen 22/23 co vídeo Hopper el vacío na Modalidade C (Secundaria). Para ler a nova sobre o premio preme aquí.