Eventos
VolunTIC Galicia Rural é unha actividade que se centra na formación e divulgación de voluntariado tecnolóxico para chegar ás zonas rurais de Galicia, para por en valor o voluntariado tecnolóxico, e o intercambio de experiencias e boas prácticas. Será desenvolvido pola Fundación Cibervoluntarios, desde a que levan 20 anos promovendo o uso e coñecemento da tecnoloxía como medio para paliar as fendas sociais.
Lugar: Aula de referencia
Destinatarios/as: Alumnado de 1º CB Informática de Oficina.
Organiza: Departamento de Orientaciónen colaboración coa Fundación Cibervoluntarios.
O martes 6 de decembro de 2022 non haberá clase por ser festivo.
O xoves 8 de decembro de 2022 non haberá clase por ser festivo.