Eventos
O luns 16 de maio non haberá clase por ser un dos días non lectivos aprobados polo Consello Escolar, segundo se establece no calendario escolar.
Alumnado de 1º BAC asistirá como público a un juizo no Xulgado de Ourense.
Lugar: Ourense
Destinatarios/as: Alumnado de 1º BAC
Organiza: Departamento de Filosofía
Probas de acceso a ciclos de grao Medio:
9.00 Presentación
9.30 a 13.00 Parte matemática e parte sociolingüística.
16:00 a 18:00 Parte científico-técnica.
Alumnado do IES e residentes de Domus VI Chantada coñeceranse, por fin, en persoa, despois de todo un curso escolar "coñecéndose" por carta. Este encontro interxeracional está coordinado pola encargada da Bilioteca e conta coa participación do Departamento de Lingua Castelá.
Lugar: IES Val do Asma
Destinatarios/as: Alumnado de 1º ESO
Organiza: Departamentos de Biblioteca e Lingua Castelá
Obradoiro impartido por Luisa Astray da UAD de Monforte de Lemos dirixido ao alumnado do 1º curso da FP básica e de 1º do CM no seguinte horario:
- 1º CM de 12:35 a 13:25
- 1º CB de 13:25 a14:15
Lugar: IES Val do Asma
Destinatarios/as: Alumnado de 1º CM e 1º CB
Organiza: Departamento de Orientación
Con motivo da finalización do período lectivo de 2º BAC e 2º cursos de FP o IES Val do Asma celebra un acto de gradación ao que asistirán autoridades, familiares e amigos/as do alumnado.Neste acto cada alumno/a recibirá un diploma acreditativo da súa formación. Ao final do acto servirase unha bebida e un petisco. Para rematar a xornada festiva, alumnado e profesorado acudirán a unha cea conxunta.
Lugar: Auditorio de Chantada (entrada con invitación).
Grupos: 2º BAC, CM Electromecánica de vehículos, CS Desenvolvemento de aplicacións web (dual) e CS Administración e finanzas.
Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares (DACE).
Con motivo do remate da actividade "Arela de 8 mulleres emprendedoras no rural" realízase a entrega de retratos ás interesadas. Esta actividade consistiu en escoitar a testemuña de mulleres emprendedoras no rural da comarca de Chantada. Para iso, o alumnado de 1ºCB Mantemento de vehículos no módulo de Comunidad e Sociedade I (Galego) elaborou as entrevistas, o alumnado de 1ºCS Administración e finanzas no módulo de FOL realizou as entrevistas en persoa e a súa transcrición e o alumnado de 1º BAC na mateira de Debuxo Artístico I tomou fotografías e realizou os retratos que serán entregados no acto de hoxe.
Lugar: Espacio expositivo do Auditorio de Chantada
Grupos: 1º CB Mantemento de vehículos, 1ºCS Administración e finanzas e 1º BAC.
Organiza: Departamentos de Lingua Galega, FOL e Plástica.
![Events at <em> IES Val do Asma</em> Distribuir contido](/centros/iesvalasma/misc/feed.png)