Eventos
Lembramos que o libro elixido títulase Diario azul de Carlota. Hai exemplares na biblioteca. Tomaremos o primeiro contacto co libro o mércores día 26 no recreo.
Lugar: Biblioteca do IES Val do Asma
Grupos: 1º e 2º ESO
Organiza: BiblioAsma
Desde a BiblioAsma decidimos crear un club de lectura pensado para os membros da comunidade educativa do noso centro (familias, profes e persoal non docente). Si che gusta ler e che apetece participar acércate a BiblioAsma o vindeiro xoves 27 de xaneiro ás 16.00 horas. Estableceremos un primeiro contacto, barallaremos a necesidade ou non de crear varios grupos, elixiremos o primeiro libro e fixaremos a data da seguinte reunión.
Alumnado de 1º BAC acudirá ao CEIP Eloísa Ribadulla para celebrar o Día da Paz (30 de xaneiro) cunha actividade de contacontos dirixida ao alumnado de infantil e de 1º e 2º de primaria.
Lugar: CEIP Eloísa Ribadulla de Chantada
Participa: Alumnado de 1º BAC.
Organiza: Biblioteca.
Alumnado realizará unha ruta duns 8 km polo Courel. a duración prevista da ruta será dunhas 4,5 horas.
Lugar: Serra de O Courel
Grupos: 3º ESO
Organiza: Departamento de Educación Física
Presentación telemática ao alumnado do CS de Administración e Finanzas do Grao de Relación Laborais e Recursos Humanos levada a cabo por Mercedes Montes Rodríguez, Directora da Escola Universitaria de Relacións Laborais no Campus Terra- Lugo.
Lugar: IES Val do Asma - Aula 1º CS
Grupos: 1º e 2º curso do CS de Administración e Finanzas
Organiza: Departamento de Orientación