Eventos
O alumnado do IES Val do Asma realizará unha visita ao Ecomuseo de Arxeriz.
Destinatarios: Alumnado de 1º e 3º de ESO, alumnado de 1º de BAC, alumnado de 1º e 2º de FP Básica e alumnado do CS de Axencias.
Lugar: Pazo de Arxeriz
Presentación da asociación "Pola miúda", a primeira organización feminista nacida en Chantada.
Destinatarios: Alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º BACH
Organiza: Departamento de Orientación
Lugar: Salón de Actos do IES Val do Asma
O alumnado do IES Val do Asma recibirá unha charla sobre a prevención de drogodependencia.
Os horarios concretos de cada unha das charlas e o grupo correspondente son:
- FP Básica: 8:45 - 9:35
- 2º ESO: 9:35 - 10:25
- 4º ESO: 10:25 - 11:15
- 3º ESO: 12:35 - 13:25
Lugar: Aula de referencia de cada grupo
Organiza: Departamento de Orientación
O alumnado de 3º da ESO do IES Val do Asma participará nun obradoiro sobre educación afectivo sexual.
Destinatarios: Alumnado de 3º da ESO
Organiza: Departamento de Orientación
ORGANIZACIÓN NA ESO DO ENTROIDO
- Durante as tres primeiras horas o alumnado da ESO terá clases normais:
- No tempo de lecer (recreo) o alumnado poderá maquillarse e vestirse cos seus disfraces.
- Despois do recreo, subirá as clases onde agardará co profesor/a pertinente a que sexan chamados pola vicedirectora para baixar de xeito ordeado e trasladarse ao centro de primaria Eloísa Rivadulla.
Organización no CEIP Eloísa Rivadulla.
- O alumnado do noso centro irá acompañado polo profesorado co que teña clase, permanecendo o profesorado de garda no IES atendendo ao resto dxs alumnxs.
- Nun primeiro momento os alumnxs de 4º da ESO desfilarán facendo unha representación dos oficios.
- Posteriormente desfilarán os alumnos do CEIP.
- En último lugar desfilará o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO disfrazado do estilo musical escollido.
- En todo momento o profesorado responsábel vixiará de xeito activo corrixindo calquera conduta que consideren inapropiada.
As actividades no CPI Eloísa Rivadulla chegarán ao seu fin ás 13:10 horas (aprox.). Nese intre o profesorado agrupará a cada curso e sairán de xeito ordeado (seguindo as ordes da vicedirectora) cara o noso pavillón onde haberá música e baile e farase entrega do premio á mellor carauta de entroido.
O profesorado deberá acompañar aos seus alumnxs no pavillón, ou, facer outra das tarefas encomendadas (vixianza de patio, edificio principal ou aula de convivencia).
ORGANIZACIÓN NO BACHARELATO E CICLOS E FPB
Dada a proximidade das avaliacións e carga de materia, o alumnado terá clase normal até a 5º hora. A partires de entón poderán disfrazarse e incoporarse á festa cos seus compañeiros e compañeiras.
Para conmemorar o Entroido, o IES Val do Asma organiza un concurso de máscaras entre todo o alumnado.
- Cada alumno poderá presentar unha única máscara
- Aspectos a valorar: orixinalidade, esforzo e resultado final.
- As máscaras presentadas entregaranse antes do día 17 de febreiro en Vicedirección.
- Premio único para o gañador ou a gañadora do concurso: vale de 40 € do Corte Inglés.
- As máscaras estarán expostas por todo o centro desde a súa entrega ata o 21 de febreiro.
- O día do Entroido (21 de febreiro) os alumnos/ as votarán a máscara que máis lles guste. O período para votar será de 9:00 h. ata as 12:00 h.
- O nome do gañador ou da gañadora darase a coñecer o día 21 de febreiro a partir das 12:00h
Pódese consultar toda a información de dito concurso no seguinte enlace.
Actividade, dentro do contrato-programa CON-VIVE, na que participará alumnado de 2º ESO, 3º ESO e PMAR no seguinte horario:
2º ESO de 9:35 a 11:15
3º ESO e PMAR de 11:45 a 13:25
Lugar: IES Val do Asma.
Destinatarios : Alumnado de ESO.
Organiza: Departamento de Orientación.
Charla impartida pola Dinamizadora Xuvenil do Concello de Chantada.
Destinatarios: Alumnado de Formación Profesional: FPB, CM e CS.
Data: venres 28 de febreiro 2020.
Hora: 13:25 - 14:15
Lugar: Salón de Actos.