Eventos
A Consellería de Educación ven de seleccionar ao IES Val do Asma para formar parte da mostra de centros participantes na Avaliación Final da ESO. Esta avaliación aplicarase ao alumnado matriculado no curso escolar 2018/2019 en cuarto de educación secundaria obrigatoria e terá terá finalidade diagnóstica, con vistas á mellora da calidade e equidade do sistema educativo.
Para máis información preme aquí.

Alumnado e profesorado de 3º ESO acudirán a Igrexa románica de Nogueira para unha nova toma de contacto relacionada coa actividade Traballando por proxectos que se está a desenvolver durante o curso 18-19 no IES Val do Asma.
Alumnado de ESO e BAC asistirá a unha charla sobre Antropoloxía e Medicina Legal, impartida polo Médico Forense, Fernando Serrulla.
Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 4º ESO e 1º BAC
Organiza: Departamentos de Filosofía e Bioloxía.
Presentación do cartel elaborado polo alumnado de Plástica de 4º ESO para a exposición "Cobertores de emocións, pan e chocolate" que se inaugura no Pazo de Sabadelle o vindeiro sábado 8 de xuño ás 20.30 horas.
Lugar: IES Val do Asma.
Organiza: Departamento de Plástica coa colaboración do Pazo de Sabadelle.
Preme aquí para ver fotografías da inauguración.
Alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO que participaron co Concurso de Carteis Folión de Carros 2019 acuden á presentación do cartel gañador.
Lugar: Casa da Cultura de Chantada.
Organiza: Asociación Amigos do Folión de Carros e Departamento de Plástica.
Preme na imaxe para ver máis fotografías do evento.
O alumnado de CEIP Xosé Luis Taboada, centro adscrito do concello de Carballedo, visitará o IES Val do Asma onde o vindeiro curso empezará a súa etapa no ensino secundario.
Lugar: IES Val do Asma
Destinatarios: Alumnado de 6º de primaria do CEIP
Organiza: Departamento de Orientación