Eventos
O luns 29 de outubro de 2018 ás 16:50 horas celebrarase no Salón de Actos do IES o sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento electoral dos novos membros do Consello Escolar
O próximo 31 de outubro o alumnado de Turismo, dentro do seu módulo Organización de eventos, coordinará a realización dunha serie de actividades lúdicas relacionadas coa festividade de Samaín.
Tratarán de amosarnos como a celebración de Halloween chegou a América da man de emigrantes irlandeses que levaron alí as súas crenzas de orixe pagá, para isto contaremos coa axuda de Eoin, o noso auxiliar de conversa.
Haberá sorpresas arrepiantes!
Lugar: IES Val do Asma
Grupos:1º e 2º de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos, e 1º e 2º ESO.
Organiza: Departamento de Hostalaría e Turismo.
Colabora: Departamento de Inglés.
Para ver máis fotos preme na imaxe.
Se queres ver a nova en Televinte preme aquí.
Por mor das eleccións ao Consello Escolar, a Xunta Electoral reunirase para:
- Facer públicas as convocatorias de eleccións dos distintos sectores educativos: profesorado, pais/nais, persoal de administración e servizos e alumnado
- Facer públicos os censos provisionais dos sectores educativos citados.
- Solicitar ao Concello de Chantada, a Asociación de Empresarios de Chantada e á AMPA do IES Val do Asma as designacións dos/as seus/súas representantes.
O próximo día 5 de novembro o alumnado de 3º da ESO participará na primeira sesión dun obradoiro de educación afectivo emocional impartido pola Cruz Vermella.
Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 3º ESO
Organiza: Departamento de Orientación
O día 6 de novembro o alumnado de 3º de ESO participará na segunda parte do obradoiro de educación afectivo emocional impartido pola Cruz Vermella.
Lugar: IES Val do Asma
Grupo: 3º ESO
Organiza: Departamento de Orientación
Como xa é tradición no IES Val do Asma, o vindeiro venres 9 de novembro celebrarase un magosto para toda a comunidade educativa.
Despois do recreo haberá xogos para o alumnado da ESO e 1º de BACH, e durante a última hora da mañá poderemos degustar castañas, e outros manxares, que nos preparará o alumnado e profesorado de Automoción.
Lugar: IES Val do Asma
Grupos: ESO, BACH, Ciclos Formativos
Organiza: Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) e Departamento de Automoción
Podes ver imaxes do día no seguinte vídeo.
O vindeiro luns 12 de novembro o alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas participará nunha charla impartida polo Centro Superior de Hostalería de Galicia, explicaranse as distintas titulacións que ofrecen e as posibles saídas profesionais das mesmas.
É unha actividade aberta a toda a comunidade educativa, polo que poderán achegarse todas aquelas persoas que poidan estar interesadas.
Lugar: Salón de Actos IES Val do Asma
Grupo: CS Administración e Finanzas
Organiza: Departamento de Administración e Departamento de Orientación