Eventos
O alumnado de 1º e 2º de ESO e do Ciclo de Grao Superior de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos participarán o día 16 de outubro nunha andaina realizando unha etapa do Camiño de Inverno.
Lugar: Chantada
Grupos: 1º e 2º de ESO e Grao Superior de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos
Organiza: Departamento de Educación Física e Departamento de Hostalaría e Turismo.
Enlace á nova no xornal La Voz de Galicia
Para ver máis imaxes preme na foto.
O xoves 18 de outubro de 2018 non haberá clase por ser festivo local en Chantada.
O próximo día 19 de outubro o alumnado de FP Dual e do Ciclo Superior de Administración e Finanzas participarán nunha actividade relacionada co marketing dixital que consistirá nunha mesa de experiencias relativa á xestión das redes sociais no ámbito da empresa e que terá lugar no Espazo Xove de Chantada. Tamén se realizará unha visita á empresa Galletas Daveiga.
Lugar: Chantada
Grupos: FP Dual Administración e Finanzas, Desenvolvemento de Aplicacións Web e Axencias de Viaxes e Administración e Finanzas de réxime ordinario.
Organiza: Departamento de FOL.
Enlace á nova en Televinte.
Para ver máis imaxes da visita preme na foto.
Un concertista de piano interpretará pezas das bandas sonoras de películas de tódolos tempos para achegar o mundo do cine ao alumnado da ESO.
Lugar: Salón de actos do IES Val do Asma
Grupos: ESO
Organiza: Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG).
Para ver máis fotos preme na imaxe.
Para ver a nova en Televinte preme aquí.
O alumnado e o profesorado de FP Dual de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos participará o día 23 de outubro nun Encontro Sectorial no Espazo Xove de Chantada: "Innovación, crecemento e expansión no sector turístico e hoteleiro".
Para máis información sobre este evento preme aquí.
Lugar: Espazo Xove de Chantada
Participa: FP Dual de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos.
Organiza: Departamento de Hostalería e Turismo