Eventos
Esta actividade consiste en realizar un percorrido de 3 Km. coa axuda dun compás e un mapa, no que están marcados os puntos que hai que visitar de forma obrigada e en orde. Despois da carreira farán unha "Gymkana". Para ver as imaxes desta actividade preme na foto.
Lugar: Cenlle - Ourense.
Grupos: 2º ESO, 3º ESO e 1º BAC.
Organiza: Departamento de Educación Física.
Alumnado do C.S. de Axencias de Viaxe e Xestión de Eventos, FP dual, asistirá ao segundo Forum Fairway , feira e congreso sobre O Camiño de Santiago. Entre os sectores presentes na feira profesional estarán: axencias de viaxes e touroperadores de 14 paises distintos, transporte de viaxeiros, aloxamentos, desarrolladores de software turístico, centrais de reserva, merchandising, guías, saude para o peregrín e representacións do goberno da prefectura de Wakayama (Japón), sede do Camiño Kumano Kodo; asi como os departamentos de turismo de distintas comunidades autónomas. Para ver máis imaxes preme na foto.
Lugar: Palacio de Congresos - Santiago de Compostela
Grupos: Alumnado C.S. de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos
Organiza: Departamento de Hostalaría e Turismo.