Eventos
Visitas as igrexas románicas de San Miguel de Eiré e San Fiz de Cangas, Mosteiro de Ferreira de Pantón, Ecomuseo de Arxeriz e a Adega "Abadía de Cova " a que chegarán camiñando a través dunha pequena ruta de sendeirismo aberta recentemente dende a praia da Cova.
Lugar: Ribeira Sacra.
Grupo: 2º curso C.S. Axencias de Viaxe e Organización de Eventos
Organiza: Departamento de Turismo.
Para ver máis imaxes preme na foto.
Colabora: Máis que románico
Esta actividade consiste en realizar un percorrido de 3 Km. coa axuda dun compás e un mapa, no que están marcados os puntos que hai que visitar de forma obrigada e en orde. Despois da carreira farán unha "Gymkana". Para ver as imaxes desta actividade preme na foto.
Lugar: Cenlle - Ourense.
Grupos: 2º ESO, 3º ESO e 1º BAC.
Organiza: Departamento de Educación Física.