Skip to Content

Novas

PERIODO DE PRÁCTICAS EN EMPRESAS (FCT) 2018/2019

O periodo ordinario para a realización das prácticas en empresas ou formación en centros de traballo (FCT) no curso 2018/2019 será:
C.B. Mantemento de vehículos: do 22 de abril ao 18 de xuño de 2019, ambos incluídos.
C.M. Electromecánica do vehículo automóbil: do 2 de abril ao 18 de xuño de 2019, ambos incluídos.
C.S. Administración e finanzas: do 4 de abril ao 14 de xuño de 2019, ambos incluídos.

MENÚ ESCOLAR PRIMAVERA 2019

A nova empresa concesionaria do comedor utiliza unha plantilla de 20 menús diferentes que rota ao longo de 20 días lectivos. Para coñercer o menú dun determinado día deberemos localizar o número do menú que lle corresponde a esa data nun primeiro listado. Unha vez localizado o número poderemos ver neste segundo listado cal que o menú que se vai servir ese día.

Exemplo: Unha vez consultados os dous listados, vemos que ao día 22/03/19 lle corresponde o menú nº 2, que se compón de: Ensalada de tomate, leituga, cebola, queixo fresco e olivas, Polo ao forno con arroz e verduras e Froita enteira.

 

15/03/19 NOVA CONCESIONARIA DO COMEDOR ESCOLAR

Dende o 15/03/18 ata final deste curso a nova empresa concesionaria do comedor escolar é a KOKICO do grupo Socratea. Para máis información preme aquí.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS F.P. GRAO SUPERIOR 2019

Convocados os Premios Extraordinarios de Formación Profesional de Grao Superior da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou no curso 2017/2018. Os requisitos de participación son:

  • Ter rematados os estudos de formación profesional de grao superior no ano 2018 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter obtido unha cualificación final media de todos os módulos igual ou superior a 8,50.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, ata 4 de abril de 2019,  a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (4 de marzo de 2019).

Enlaces á convocatoria e á sede electrónica.

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Cartel elaborado polo alumnado de Plástica de 4º ESO

VACACIÓNS ENTROIDO 2019

O período vacacional de Entroido abrangue dende o luns 4 febreiro ata o mércores 6 de febreiro de 2019, ámbolos dous incluídos.

INSTRUCCIÓNS ABAU 2019

Publicadas as instrucións para a realización, dentro do curso 2018/2019, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2019/2020. Para acceder á información preme aquí.

07/02/2019 A XUNTA TEN PREVISTO AMPLIAR O IES VAL DO ASMA PARA O CURSO 2019-2020

Para ver as nova institucional preme aquí e para vela nos distintos medios preme nas imaxes seguintes:

 

 

RESERVA DE PRAZA E ADMISIÓN ESO E BACHARELATO CURSO 2019-20

O alumnado xa matriculado no IES Val do Asma no curso actual 18/19 e que pretenda seguir estudos no mesmo centro o vindeiro curso, así como aquel alumnado que proceda do CEIP Xosé Luis Taboada ten que realizar a reserva de praza dende o 1 ata o 15 de febreiro de 2019 presentando o formulario ED550A. Para máis información preme aquí.

O novo alumnado que desexe cursar ESO ou BAC no IES Val do Asma ten que realizar a solicitude de admisión dende o 1 ata o 20 de marzo de 2019 presentando o formulario ED550B na secretaría do instituto ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Como criterio complementario aprobouse o seguinte: Familiares de 1º grado (nai, pai, titora ou titor) e/ou de 2º grado (avós, netos, irmán/s) que fóran alumnos do IES Val do Asma. Valoración 1 punto. Circunstancia que se acreditará coa fotocopia do libro de familia ou documento similar e a certificación de matrícula do nai, pai, titora ou titor ou irmán/s.

ABAU 2019

Publicadas as datas das probas de acceso á Universidade (ABAU). No 2019 a convocatoria de setembro, trasládase ao mes de xullo. As datas de realización das probas son do 12 ao 14 de xuño e do 10 ao 12 de xullo. Para máis información preme aquí.

Distribuir contenido


by Dr. Radut