Skip to Content

Novas

Axudas fondo libros curso 2021/2022

O IES Val do Asma lembra a Xela Arias

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros adscritos para o curso 2021/2022

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros adscritos para o curso 2021/2022.

Prazo de solicitudes: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.

Días festivos no IES Val do Asma curso 2020/21

PROGRAMA PIALE: COMPARATIVA ENTRE OS SISTEMAS EDUCATIVOS FRANCÉS E GALEGO

No seguinte documento, inclúese unha comparativa entre os sistemas educativos francés e galego realizada a raíz da participación no programa PIALE da profesora de bioloxía e xeoloxía durante o mes de novembro.

Este programa está destinado a mellorar o nivel lingüístico do profesorado e a mellorar as súas competencias docentes.

CALENDARIO 1º PARCIAL DE PENDENTES

No seguinte enlace pódese consultar o calendario do 1º parcial de pendentes a celebrarse do 10 ao 14 de febreiro de 2020.

CONFERENCIA "USO RESPONSABLE DA REDE E ADICCIÓNS TECNOLÓXICAS"

A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos convídavos á seguinte conferencia:

Este venres (17 de xaneiro) ás 20:00 na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte contaremos con Antonio Rial Boubeta, profesor da USC, para falar sobre o “Uso responsable da Rede e adiccións tecnolóxicas”.

REFÓRZA-T E PREMAT 2020

Na semana do 20 ao 24 de xaneiro darán comezo os contratos programa REFÓRZA-T e PREMAT destinados reforzar e mellorar as destrezas do noso alumnado e as competencias clave.

Trátase dun plan dirixido aos alumnos e alumnas da ESO que se desenvolverá até o 15 de xuño no noso centro en horario de mañá como medida de atención á diversidade dos grupos e de tarde en grupos reducidos.

O REFÓRZA-T (dirixido a alumnado de 1º e 2º da ESO) desenvolverase na aula de 1º da ESO co seguinte horario:

  • 1º da ESO: martes e xoves de 15:05 a 16:45
  •  2º da ESO: mércores e venres de 15:05 a 16:45

O PREMAT (dirixido a alumnado de 3º e 4º da ESO) desenvolverase na aula de apoio co seguinte horario:

  • 3º da ESO: martes e xoves de 15:05 a 16:45
  • 4º da ESO: mércores e venres de 15:05 a 16:45

As profesoras titulares cubrirán un rexistro de punCtualidade e asistencia do alumnado inscrito que enviarán de xeito periódico ao Departamento de Orientación e á Xefatura de Estudos polo que as ausencias deben estar xustificadas polos responsábeis documentalmente.

Do mesmo xeito levarase a cabo un seguimento pedagóxico do noso alumnado por parte do Departamento de Orientación coa fin de valorar as súas necesidades, dificultades e melloras que será comunicado aos seus titores legais ou pais de xeito cíclico.

NOVIDADES ABAU 2020

Para o ano 2020 hai 5 novidades nas ABAU:
1- Nas datas: martes, mércores e xoves.
2- Ampliación do horario de exames da ABAU, que inclúe a tarde do terceiro día.
3- Xúntase nun único proceso as «Reclamacións», as «Segundas correccións».
4- Os chamamentos para a matrícula realizaranse en só dous días.
5- Despois de rematar cada chamamento, no caso de non ser chamado a matrícula, será preciso reconfirmar o interese en seguir nas listaxes da CiUG.

Para saber máis preme no seguinte enlace.

VACACIÓNS DE NADAL 19-20

O período de vacacións de Nadal abrangue dende o luns 23 de decembro de 2019 ao martes 7 de xaneiro do 2020, ámbolos dous incluídos. O horario de atención ao público será de 11:00 a 13:00 horas durante este período. Se non poden personarse nas oficinas ou para solicitar documentación, con carácter urxente, pode chamar neste horario aos teléfonos 982 870 236 ou 638 752 187.

Distribuir contenido


by Dr. Radut