Skip to Content

Novas

Empresas colaboradoras FP dual de 2º ano CS Administración e finanzas

Parte do alumnado do 2º curso do CS Administración e finanzas está a realizar a modalidade de dual grazas á colaboración de dúas empresas da comarca:

Dous alumnos realizan parte da súa formación na primeira das empresas con sede en Taboada e unha alumna na segunda empresa, na súa oficina de A Barrela.

Protocolos e Comunicados COVID 21-22

Procedemento de admisión de alumnado de ESO e BAC para o curso 2022/2023

O alumnado novo procedente de centros adscritos realizará a súa reserva de praza dende o 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022.

O resto do novo alumnado, que non proceda de centros adscritos, poderá presentar a súa solicitude de admisión dende o 1 ao 20 de marzo de 2022, ambos incluídos.

Acceso a toda a información sobre o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023.

Vacacións Nadal 21-22

O período de vacacións de Nadal abrangue dende o mércores 22 de decembro de 2021 ao venres 7 de xaneiro do 2022, ámbolos dous incluídos. O horario de atención ao público, nos días laborables, será de 10:00 a 13:00 horas durante este período. Se non poden personarse nas oficinas ou para solicitar documentación, con carácter urxente, pode chamar neste horario aos teléfonos 982 870 236 ou 638 752 187.

Bo Nadal!

Imaxes das postais gañadoras elaboradas polo alumnado de ESO.

 

Programa eduemprende Actúa

O IES Val do Asma foi seleccionado no curso 21-22 para participar no programa eduemprende Actúa.

Listado de centros seleccionados.

04/12/21 COVID-19 Comunicado para as familias

Acceso ao comunicado do Equipo directivo sobre un novo caso COVID detectado no centro.

 

02/12/21 COVID-19 Comunicado para as familias

Acceso ao comunicado do Equipo Covid sobre o desenlace do caso detectado na pasada semana.

 

Resultado electoral Consello Escolar 2021

Nas eleccións do pasado 25 de novembro, as persoas candidatas que resultaron elixidas, por sector e orde alfabético, para formar parte do Consello Escolar 2021 fóron:

Representante do Persoal de Administración e Servizos

Lorenzo Álvarez, Xoán

Representantes do Alumnado:

Dos Santos Dos Anjos, Nara

Lamas Gómez, Ana

Representantes dos pais, nais e titores legais:

González López, Otilia

Ledo Rodríguez, Olalla

Representantes do profesorado:

Domínguez López, Xosé Antón

García Soengas, M Pilar

Giménez Lorenzo, Tatiana

López Rodríguez, M Dolores

Prado Fernández, Jacobo

26/11/21 COVID-19 Comunicado para as familias

Na mañá de hoxe comunicóusenos a confirmación dun caso positivo en COVID-19. Acceso ao comunicado da dirección do centro.

Concurso de cabazas 2021

Ata o xoves 4 de novembro de 2021, o alumnado do IES Val do Asma poderá participar no concurso de cabazas. Anímate a participar!

Distribuir contenido


by Dr. Radut