Acceso ao calendario de setembro do CS Desenvolvemento de Aplicacións Web na modalidade dual onde se recolle a información sobre as datas dos exames extraordinarios de módulos e da exposición do Proxecto DAW, entre outra información.
Aberto o proceso de admisión a Ciclos básicos (CB), Ciclos Medios (CM) e Ciclos Superiores (CS) de Formación Profesional. O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 24 xuño ás 9:00 ao 4 xullo ás 13:00 horas para todos os ciclos e modalidades.
Entrega de solicitudes: O asistente informático da aplicación Ciclosadmisión será empregado para realizar as solicitudes e o seguimento dos procesos de admisión da oferta ordinaria (só 1º curso), oferta modular, FP dual intensiva e cursos de especialización. En FP básica a solicitude será realizada no centro, de orixe ou de destino segundo corresponda. O seguimento poderá realizarse na aplicación. Acceso ao asistente informático.
No IES Val do Asma, para o curso escolar 24-25, ofertaranse os seguintes ciclos de FP, dous de eles novos:
CB Informática de oficina
CB Mantemento de vehículos
CM Electromecánica de vehículos automóbiles
CM Xestión administrativaNOVIDADE 24-25!
CS Administración e finanzas
CS Desenvolvemento de aplicacións web (Dual intensiva)
Apertura do prazo para solicitar prazas nos centros residenciais para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2024/25 (Orde do 23 de maio de 2024).
O prazo para presentar solicitudes en período ordinario abrangue do 21 de xuño ao 7 de agosto de 2024, ambos incluídos e as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED308A).
Último día lectivo adicado á devolución dos préstamos da biblioteca, devolución de chaves de taquillas, recollida de material, etc., e a partir das 12:35 horas, haberá un acto festivo, no Salón de Actos, que consistirá na proxección dunha curtametraxe e unha festa musical na que participarán Oscar & Friends e a actuación estelar de Diego BF.
Acto de homenaxe aos Mellores Expedientes de Galicia ABAU 2024. En cursos anteriores, despois da ABAU, tiña lugar o acto de entrega de diplomas aos Mellores Expedientes, organizado pola USC. A partires de agora será un acto conxunto as tres universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional, aínda que cada curso será organizado por unha delas. Este ano a organización correspóndelle á Universidade da Coruña (UDC). O acto contará coa presenza das máximas autoridades académicas e políticas.
Dende o IES Val do Asma queremos unirnos aos parabéns das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo polos éxitos acadados polo estudantado do noso centro, que conta con unha estudante premiada.
O venres, día 21 de xuño, ás 11:30 horas terá lugar o acto de recoñecemento, MEGABAU 2024, no Coliseum na cidade da Coruña da nosa alumna premiada que estará acompañada polo Director en funcións. Parabéns Ada!
A biblioteca do IES Val do Asma coordinará unha actividade para a última semana de curso, na que, por unha banda, se dará a coñecer ao alumnado persoas de distintos ámbitos (ciencia, cinema, arte, música, literatura, ...) que sexan relevantes e representen ao colectivo LGTBIQ+ e, por outra, realizaránse proxeccións de películas sobre a diversidade na biblioteca.