Skip to Content

Novas

CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS AOS CONSELLOS ESCOLARES 2018

As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar realizaranse entre os días 26 e 30 de novembro de 2018, ambos os dous incluídos. Para acceder á convocatoria preme aquí.

Dende o IES Val do Asma animámosvos a presentar as vosas candidaturas nos distintos colectivos (alumnado, familias,...).

Proximamente se publicarán as datas detalladas do sorteo dos membros da xunta electoral, de presentación candidaturas, etc.

HORARIOS GRUPOS 2018-2019

Educación Secundaria Obrigatoria
1º ESO      2º ESO      2ºPMAR      3º ESO      3ºPMAR     4º ESO

Bacharelato
1º BAC          2º BAC

FP - Réxime ordinario

CB Mantemento de Vehículos
1º curso        2º curso

CM Electromecánica de vehículos automóbiles
1º curso        2º curso

CS Administración e finanzas
1º curso        2º curso

FP - Réxime dual

CS Administración e finanzas
1º curso        2º curso
 
CS Axencias de viaxes e xestión de eventos
1º curso        2º curso

CS Desenvolvemento de aplicacións web
1º curso        2º curso

O IES VAL DO ASMA ESTREA INSTAGRAM

O IES Val do Asma comeza o curso escolar 2018/2019 coa creación dunha conta no Instagram. Para acceder podes premer na imaxe.

Séguenos!!!

 

 

PROGRAMACIÓN 2018-2019

Programación do departamento de Lingua Castelá e Literatura para o curso 2018-2019.

BOLSAS DE ESTUDOS 2018-2019 BAC E FP

prazo para solicitar bolsas de estudos para BAC e para FP, convocadas polo Ministerio de Educación, remata o 1 de outubro de 2018. Para acceder á solicitude e toda a información preme aquí.

INICIO CURSO ESCOLAR 2018-2019

As presentacións terán lugar o Luns 17 de Setembro* de 2018 no seguinte horario:
10:00 horas    2º, 3º e 4º da ESO e PMAR
11:00 horas    1º e 2º de BACHARELATO
11:30 horas    1º ESO
12:30 horas    1º e 2º de FP Básica
13:00 horas    CM Electromecánica vehículos e CS Administración e finanzas (réxime ordinario)
13:30 horas    Ciclos formativos modalidade DUAL


* NOTA: O luns 17 non haberá servizo de transporte nen de comedor escolar.

As clases iniciaranse o Martes 18 de Setembro de 2018 ás 8:45 horas.

O IES Val do Asma deséxavos un bo curso académico 2018/2019 a toda a Comunidade Educativa.

PRIMEIRA ADXUDICACIÓN EN CICLOS FORMATIVOS

Saiu a primeira adxudicación para ciclos formativos de grao medio e grao superior, para acceder premede no seguinte enlace:

1ª ADXUDICACIÓN A CICLOS FORMATIVOS

Unva vez admitidos/as tedes ata o día 24 de Xullo para formalizar a matrícula no centro adxudicado.

Os que acadastes praza no IES Val do Asma tedes que traer:

-Sobre de matrícula cuberto.

-2 fotos co nome e apelidos escrito por detras.

-Seguro escolar pagado (menores de 28 anos).

-Fotocopia de DNI*

-Fotocopia do libro de familia pola páxina onde aparecedes vos.*

*Os que non estivestes  matrículados o ano pasado.

Para calquera dúbida podedes chamar ao IES ou pasarvos polo centro.

 

 

EXAMES DE SETEMBRO 2018

Os exames de setembro realizaránse os días 3 (luns) e 4 (martes) na ESO, Bacharelato e Ciclo Básico e dende o día 3 ata o 7 de Setembro nos ciclos de FP Dual.

Calendarios de exames:

ESO e BACHARELATO E CICLO BÁSICO

FP DUAL:

  • CS Axencias de viaxes e xestión de eventos: Recursos Turísticos día 6 as 12.00

ENTREGA DE NOTAS:

2º BACHARELATO: MARTES 4 DE SETEMBRO ÁS 19:00 h

ESO, CICLO BÁSICO E 1º BACHARELATO: XOVES 6 DE SETEMBRO ÁS 10:00 h

FP DUAL: XOVES 13 ÁS 10:00 h

HORARIO DE VERÁN 2018

Horario de atención ao público nos meses de verán:

XUÑO de 9:30 a 14:00 horas
XULLO de 10:00 a 14:00 horas
AGOSTO de 11:00 a 13:00 horas

Se non poden persoarse nas oficinas teñen á súa disposición no horario de atención ao público os seguintes teléfonos:
982 87 02 36 - 638 75 21 87

ADMISIÓN FP DUAL 2018-2019

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, ven de publicar as instrucións da convocatoria de xuño de admisión a ciclos formativos de formación profesional DUAL 2018-2019.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As persoas interesadas presentarán unha única solicitude, que se entregará preferentemente no centro onde se oferte o ciclo para o que solicita admisión. A solicitude irá dirixida á dirección do centro educativo.
PRAZOS DE INSCRICIÓN:
O prazo ordinario será do 25 de xuño ao 3 de xullo ás 13:00 horas.
Para máis información consultar aquí.

Distribuir contenido


by Dr. Radut