Skip to Content

Novas

INSTRUCCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO NO 2018-2019 DO CURRÍCULO NA ESO E NO BAC

Publicada a Resolución pola  que  se  ditan  instrucións  para o desenvolvemento, no curso académico 2018/19, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

AXUDAS FCT 2018

Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo (FCT).

Períodos de presentación de solicitudes:
    O primeiro prazo, entre o 15 de maio e o 14 de xuño de 2018 (31 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG), para o alumnado que realizase a FCT no período abril-xuño de 2018, entre outros.
    O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2018, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2018.

Para mais información, preme aquí.

PARÁMETROS PONDERACIÓN MATERIAS ABAU 2018

Publicación dos parámetros de ponderación das materias de opción e troncais de modalidade da proba de avaliación do bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do SUG para o curso 2018/2019. Para máis información preme aquí.

CONMEMORACIÓN DO 5 DE MAIO DÍA DE EUROPA

Para conmemorar o Dái de Europa o IES Val do Asma realizou un concerto. Acceso ao evento.

RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS DE 2º BAC

Publicación da Circular 2/2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento a seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato, para o curso 2017/2018.

OFERTA EDUCATIVA - FP DUAL 2018/2019

O IES Val do Asma e o Grupo HOTUSA seguirán a colaborar o vindeiro curso. No 2018-2019 ofertaranse de novo tres ciclos en réxime de adultos ou  FP dual. Impartiránse de novo os primeiros cursos, ademais dos segundos cursos, dos Ciclos Superiores seguintes:

INSTRUCCIÓNS AVALIACIÓN FINAL ESO

Publicadas as instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación secundaria obrigatoria nos centros docentes para o curso escolar 2017/2018.  As probas realizaranse os días 29 e 30 de maio de 2018.

NOVO PREMIO PLÁSTICA 4º ESO

Esta vez, con un traballo individual, o alumno de Educación plástica e visual 4º de ESO do IES Val do Asma, Carlos Vázquez González, resultou gañador na XV edición do "Concurso Escolar de Dibujos sobre Derechos Humanos" organizado a nivel nacional polo Defensor del Pueblo de España e a ONG Globalización de los Derechos Humanos. Para máis información preme aquí.

Este mesmo alumno, xunto cos compañeiros, recibiron outro premio por un traballo de plástica en equipo neste mesmo ano. Para ver a información sobre o premio recibido anteriormente preme aquí.

Deixámosvos un enlace ao debuxo gañador, preme aquí.

Noraboa a Carlos e a profesora de plástica, Lola López!!!

CONCURSO QUEN SON EU?

Todo o alumnado do IES Val do Asma puido participar no Concurso Quen son eu?.
O concurso consistía en indicar de que muller se estaba a falar en cada unha das 22 preguntas propostas. Para poder resolver ditos interrogantes os participantes podían empregar as cartulinas elaboradas polo alumando de 3º ESO, e visibles na primeira pranta do edificio central do IES.

NATALIA MAZAIRA VÁZQUEZ, alumna de 3º ESO, foi a primeira en contestar correctamente a todas as preguntas e por iso o día 18 de abril fíxose a entrega do premio: o libro LAS CHICAS SON GUERRERAS: 26 REBELDES QUE CAMBIARON EL MUNDO.

Para ver imaxes preme na foto.

PROBAS LIBRES FORMACIÓN PROFESIONAL 2018

Lugar de presentación de solicitudes: na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

Prazo de solicitude de admisión:  17 ao 30 de abril de 2018 ata as 13:00 h.

Para máis información preme aquí.

Distribuir contenido


by Dr. Radut