Alumnado do CS Axencias de Viaxes e Organización de Eventos acudirá a visitar as Igrexas Románicas da zona, para celebrar o Día Internacional do Guía de Turismo.
Organiza: Departamento de Turismo en colaboración con APIT
Alumnado de 3º e 4º ESO e 1º de bacharelato acudirá a visitar unha exposicón sobre esgrafiados no Espazo Xove de Chantada. Lugar: Chantada Grupos: 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC Organiza: Departamento de Plástica.
Co gallo da celebración do DÍA DA PAZ, alumnado de 4º da ESO, xunto coa responsable do EDLG do centro, visitarán aos nenos e nenas de infantil e primaria do CEIP Eloísa Rivadulla para unha sesión de contacontos.
Con motivo desta conmemoración, tamén podedes desfrutar dos carteis elaborados polo alumnado de Bacharelato e a profesora de Latín, que xa se atopan nos corredores do noso IES.
Preme nas imaxes para ver máis fotografías.
Organizan: Departamento de EDLG e Departamento de Latín.
Como actividade de fin de trimestre, o alumnado acudirá a ver unha película, de balde, coa que traballar valores educativos dentro dos Contratos programa de Mellora da convivencia.