Skip to Content

Complementarias

CHARLA PLAN PROXECTA "POR 365 DÍAS DE RESPECTO E IGUALDADE"

04/02/2020 11:45

O alumnado de 4º de ESO e de 1º e 2º de FP Básica acudirá a unha charla sobre violencia no salón de actos do IES Val do Asma, baixo o programa do Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade".

Lugar: Salón de Actos do IES Val do Asma

Destinatarios: Alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de FP Básica

Organiza: Departamento de Xeografía e Historia

VISITA AO TEATRO "LANGUAGE PLANNING"

27/01/2020 11:00
27/01/2020 14:15

O alumnado de 3º de ESO acudirá ao teatro de Monforte de Lemos o vindeiro luns 27 de xaneiro para ver a obra "Language Planning" de "Os Quinquillans".

Lugar: Monforte de Lemos

Destinatarios: Alumnado de 3º ESO

Organiza: Departamento de Lingua Galega

 

 

CHARLA SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL CAMIÑO DE INVERNO - TEE TRAVEL

22/01/2020 09:35
22/01/2020 12:35

O alumnado do IES Val do Asma recibirá unha charla sobre sensibilización medioambiental, que versa sobre o camiño de inverno.

Os destinatarios son:

  • 2º ESO: 9:35 - 10:25
  • CS Axencias de Viaxe: 11:45 - 12:35

Organiza: Departamento de Orientación

VISITA A LUGO

16/01/2020 10:10
16/01/2020 14:15
Alumnado do IES Val do Asma realizará unha visita a Lugo para realizar diferentes actividades:
1 - Visualización do film "O que arde"
Destinatarios: 1º e 2º de Bacharelato
Organiza: Departamento de galego
2 - Visita do cárcere franquista
Destinatarios: 1º e 2º de FPB
Organiza: Departamento de xeografía e historia

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

20/01/2020 08:45
20/01/2020 16:45

Alumnado do IES Val do Asma realizará unha visita á Santiago de Compostela para coñecer a Catedral, visitar o Pórtico da Gloria e facer unha pequena xincana polo casco vello.

Lugar: Santiago de Compostela

Destinatarios : Alumnado de 1º e 2º da ESO e alumnado de 1º e 2º de FPB.

Organiza: Departamento de Xeografía e Historia.

CON-VIVE - OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS A TRAVÉS DO TREATRO (IV)

31/03/2020 09:35
31/03/2020 13:25

Actividade, dentro do contrato-programa CON-VIVE, na que participará alumnado de 2º ESO, 3º ESO e PMAR no seguinte horario:

3º ESO e PMAR de 9:35 a 11:15
2º ESO de 11:45 a 13:25

Lugar: IES Val do Asma.
Destinatarios : Alumnado de ESO.
Organiza: Departamento de Orientación.

1º PREMIO "DESAFÍOS STEM: PROGRAMACIÓN, ROBÓTICA E IMPRESIÓN 3D"

O alumnado de 1º de Bacharelato do IES Val do Asma fíxose co primeiro premio nos "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D", convocados pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Concretamente acadaron dito premio na categoría "STEM afondamento", no desafío "Programación" co seu proxecto "Sistema de alarma".

Pódese consultar toda a información referente aos premios no seguinte enlace.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

10/12/2019 08:45

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das persoas con discapacidade (declarado en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas).

O obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.

ACTIVIDADE: XINCANA POLA INCLUSIÓN

Destinatarios: 1º e 2º ESO

Día: 10/12/2019

Organiza: Departamento de Orientación

Entidade colaboradora: COGAMI Lugo

Pódese consultar máis información aquí.

 

TECNÓPOLE E VIVEIRO DE EMPRESAS

18/12/2019 08:45
18/12/2019 14:15

Alumnado do C.S. Administración e finanzas das modalidades ordinarias e dual visitarán Tecnópole (10h) en Ourense e o Viveiro de empresas (12.30h) do IES Laxeiro de Lalín.

Lugares: Ourense e Lalín
Destinatarios : Alumnado CS Administración e finanzas.
Organiza: Departamento de Administración.

ACTIVIDADE: "EU QUERO RURAL: ALTERNATIVAS DE EMPRENDEMENTO NO RURAL"

19/12/2019 08:45
19/12/2019 14:15

Alumnado do IES Val do Asma participará na actividade "Eu quero rural: Alternativas de emprendemento no rural".

Dita actividade consistirá nunha visita á empresa Airas Moniz e ao Espazo Xove.

Distribuir contenido


by Dr. Radut