Skip to Content

Complementarias

Entroido 2022

Durante a semana do 21 ao 25 de febreiro de 2022 O IES Val do Asma celebrará o Entroido.

  • Luns 21: O meco di que temos que traer unha garabata ou pano no pescozo.
  • Martes 22: O meco di que temos que traer ademáis unha prenda do revés.
  • Mércores 23: O meco di que temos que pintarnos as uñas.
  • Xoves 24: O meco di que traiamos un sombreiro.
  • Venres 25: Concurso e baile de disfraces.

Para ver toda a información preme aquí.

Obradorio de Títeres en Igualdade (II)

24/02/2022 11:45
24/02/2022 13:25

A partir dunha peza de títeres, preséntase unha situación de  desigualdade e un conflito que se resolve  de xeito violento. O alumnado deberá reflexionar sobre as posibles solucións non violentas para dito conflito. Para ter máis información preme aquí.

Lugar: IES Val do Asma (Salón de actos ou aulas de referencia)
Grupos: 1º ESO (12:35h) e 2º ESO (11:45h)
Organiza: Departamento de Orientación

Obradorio de Títeres en Igualdade (I)

21/02/2022 15:05
21/02/2022 16:45

A partir dunha peza de títeres, preséntase unha situación de  desigualdade e un conflito que se resolve  de xeito violento. O alumnado deberá reflexionar sobre as posibles solucións non violentas para dito conflito. Para ter máis información preme aquí.

Lugar: IES Val do Asma (Salón de actos ou aulas de referencia)
Grupos: 1º ESO (15:55h) e 2º ESO (15:05h)
Organiza: Departamento de Orientación

Finanzas para mortais - 1ª sesión

18/02/2022 11:30
18/02/2022 13:00

Actividade formativa dentro do Plan Eduemprende - Finanzas para mortais no que participará o alumnado de economía e iniciativa emprendedora de ESO e BAC. Acceso á convocatoria.

Lugar: IES Val do Asma 

Grupos: 4º ESO e 1º e 2º BAC

Organiza: Departamento de Economía

Videochamada do alumnado e profesorado do Proxecto Erasmus+ KA229_2020

21/02/2022 11:00
21/02/2022 12:00

Alumnado e profesorado do Lycée Professionnel Le Chatelier de Marsella (Francia) e do IES Val do Asma realizarán unha videochamada para traballar no proxecto Erasmus+ "Alumnado europeo que descubre o mundo profesional"(2020-1-FR01-KA229-080491_2).

Lugar: IES Val do Asma

Grupos: 1º BAC e CS Administración e finanzas

Organiza: Equipo Erasmus+

Presentación do Grao de Relacións Laborais e Recursos Humanos

04/02/2022 08:45
04/02/2022 09:35

Presentación telemática ao alumnado do CS de Administración e Finanzas do Grao de Relación Laborais e Recursos Humanos  levada a cabo por Mercedes Montes Rodríguez, Directora da Escola Universitaria de Relacións Laborais no Campus Terra- Lugo. 

Lugar: IES Val do Asma - Aula 1º CS

Grupos: 1º e 2º curso do CS de Administración e Finanzas

Organiza: Departamento de Orientación

Contacontos - Día da Paz

28/01/2022 10:25
28/01/2022 13:25

Alumnado de 1º BAC acudirá ao CEIP Eloísa Ribadulla para celebrar o Día da Paz (30 de xaneiro) cunha actividade de contacontos dirixida ao alumnado de infantil e de 1º e 2º de primaria.

Lugar: CEIP Eloísa Ribadulla de Chantada
Participa: Alumnado de 1º BAC.
Organiza: Biblioteca.

Eduemprende - Actúa

11/01/2022 10:00
11/01/2022 11:30

Programa da Consellería de Educación que trata de achegar a actividade emprendedora ao alumnado da FP. Para saber máis preme en Eduemprende-Actúa.

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 2º curso do CM Electromecánica de vehículos e 2º curso do CS Administración e finanzas
Organiza: Departamento de FOL

Actividades de Nadal 2021

21/12/2021 11:45
21/12/2021 14:00

Consurso de decoración de aulas de 11:45 a 13:00 horas para o alumnado da ESO, FPB e 1º BAC.

Fotos diante do "photocall" navideño de 13:00 a 14:00 horas. Recoméndase a toda a comunidade educativa vir vestida con temática navideña (adornos de nadal e/ou traxes de fin de ano).

Lugar: IES Val do Asma

Dirixida: A toda a comunidade educativa

Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares

Charla sobre Marketing on line

21/12/2021 09:30
21/12/2021 11:30

Alumnado de ciclos superiores de FP participarán nunha charla sobre Marketing on line impartida por Con C de Comunicación

Lugar: IES Val do Asma
Dirixida: Alumnado do CS Administración e finanzas e CS Desenvolvemento de aplicacións web.
Organiza: Departamentos de Administración e xestión e de Informática.

Distribuir contenido


by Dr. Radut