Último día lectivo adicado á devolución dos préstamos da biblioteca, devolución de chaves de taquillas, recollida de material, etc., e a partir das 12:35 horas, haberá un acto festivo, no Salón de Actos, que consistirá na proxección dunha curtametraxe e unha festa musical na que participarán Oscar & Friends e a actuación estelar de Diego BF.
Acto de homenaxe aos Mellores Expedientes de Galicia ABAU 2024. En cursos anteriores, despois da ABAU, tiña lugar o acto de entrega de diplomas aos Mellores Expedientes, organizado pola USC. A partires de agora será un acto conxunto as tres universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional, aínda que cada curso será organizado por unha delas. Este ano a organización correspóndelle á Universidade da Coruña (UDC). O acto contará coa presenza das máximas autoridades académicas e políticas.
Dende o IES Val do Asma queremos unirnos aos parabéns das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo polos éxitos acadados polo estudantado do noso centro, que conta con unha estudante premiada.
O venres, día 21 de xuño, ás 11:30 horas terá lugar o acto de recoñecemento, MEGABAU 2024, no Coliseum na cidade da Coruña da nosa alumna premiada que estará acompañada polo Director en funcións. Parabéns Ada!
A biblioteca do IES Val do Asma coordinará unha actividade para a última semana de curso, na que, por unha banda, se dará a coñecer ao alumnado persoas de distintos ámbitos (ciencia, cinema, arte, música, literatura, ...) que sexan relevantes e representen ao colectivo LGTBIQ+ e, por outra, realizaránse proxeccións de películas sobre a diversidade na biblioteca.
Alumnado do IES Val do Asma asistirá a un encontro coa escritora Andrea Maceiras co fin de dialogar arredor das obras A folla azul e O que sei do silencio.
Destinado a: Alumnado de 1º, 2º, 4º ESO e 3º PDC. Lugar: Salón de Actos. Organiza: Departamento de Galego.
Visita á central hidroeléctrica do encoro de Belesar.
Dirixido a: Alumnado de CB informática de oficina, CB Mantemento de vehículos e CM Electromecánica de vehíclos. Lugar: Belesar (Chantada). Organiza: Departamento de Automoción.
O xornalista e escritor Carlos Rodríguez Calvo do Carballiño, presentará o seu libro "El hombre blanco del río Nieva" como parte das actividades da semana da prensa.
Dirixido a: Alumnado de 2º ESO. Lugar: Aula de música. Organiza: Departamento de Música.
Celebración da final do campionato de xadrez. Neste torneo, aberto a todo o alumnado e persoal do centro, participaron 15 alumnos e alumnas de 1º ESO, 3º ESO e 3º PDC e un profesor e desenvolveuse desde o 15 ao 30 de maio. Na primeira fase formáronse 4 grupos nos que os integrantes xogaron entre si e pasau un participante á seguinte rolda, as semifinais, que se celebraron os días 27 e 28 de maio durante os recreos.
Alumnado de 3º ESO e PDC terán unha nova sesión do laboratorio de fotografía e identidade "O espello de Claude" impartido polo psicólogo e fotógrafo Fuco Reyes, ofrecido por Afundación.
Dirixido a: Alumnado de 3º ESO e 3º PDC. Lugar: Aula de referencia. Organiza: Departamento de Orientación.
Correlingua é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e a infancia e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. O alumnado do IES Val do Asma participará na carreira en prol do idioma que se celebrará en Monforte de Lemos.
Dirixido a: Alumnado de 1º e 2º ESO. Lugar: Monforte de Lemos. Organiza: Departamento de Galego.