Programa da Consellería de Educación para facilitar a orientación vocacional do alumnado dende idades temperás a través do coñecemento de referentes femininos co fin de favorecer a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Destinatarios/as: Alumnado do CB Informática de oficia e de Economía de 4º ESO. Lugar: Salón de Actos. Organiza: Departamento de Orientación.
Participación no concurso de ámbito nacional, Canguro matemático, organizado pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM).
Destinatarios/as: Alumnado, previamente inscrito, que vai dende 1º ESO ata 1º BAC. Lugar: Salón de Actos Colabora: Departamento de Matemáticas
Visita do alumnado de 1º e 2º BAC para recibir información sobre os estudos impartidos pola Universidade de Vigo no Campus de Ourense en horaio por concretar.
Destinatarios/as: Alumnado de BAC Lugar: Ourense Colabora: Departamento de Orientación.
Visita do alumnado dos ciclos medio e superiores á empresa DaVeiga pioneira na economía social na comarca de Chantada.
Destinatarios/as: Alumnado de 2º CM Electromecánica de vehículos, 1º CS Administración e finanzas e 1º Desenvolvento de Aplicacións Web. Lugar: Chantada Organiza: Departamento de FOL (Formación e Orientación Laboral).
Programa de Fomento do Desenvolvemento Rural Sustentable a través da Economía Social e a Innovación nos centros de ensino promovido por DaVeiga Producción Responsable, S.L.L. Este programa levarase a cabo entre o 19 de febreiro e o 1 de marzo de 2014.
Destinatarios/as: Alumnado de CS Desenvolvento de Aplicacións Web. Lugar: Aula de referencia. Organiza: Departamento de FOL (Formación e Orientación Laboral).