Actividade "Arela de 8 mulleres emprendedoras no rural" é un proxecto que consistiu en escoitar a testemuña de mulleres emprendedoras no rural da comarca de Chantada. Para iso, o alumnado de 1ºCB Mantemento de vehículos no módulo de Comunidad e Sociedade I (Galego) elaborou unhas entrevistas que o alumnado de 1ºCS Administración e finanzas no módulo de FOL realizou en persoa a cada unha delas. Por último, o alumnado de 1º BAC na mateira de Debuxo Artístico I tomou fotografías e realizou os retratos que fóron entregados as 8 participantes:
O venres 3 de xuño de 2022, de 17:00 a 19:00 horas o IES VAL DO ASMA celebra a súa xornada anual de portas abertas. Estades todos/as (familias, futuro alumnado, ...) convidados/as a coñecer o noso centro. Faremos un percorrido por todas as instalacións. Esperámosvos!
Alumnado do IES e residentes de Domus VI Chantada coñeceranse, por fin, en persoa, despois de todo un curso escolar "coñecéndose" por carta. Este encontro interxeracional está coordinado pola encargada da Bilioteca e conta coa participación do Departamento de Lingua Castelá.
Lugar: IES Val do Asma Destinatarios/as: Alumnado de 1º ESO Organiza: Departamentos de Biblioteca e Lingua Castelá