Skip to Content

Complementarias

Programa eduemprende Actúa 22-23

O IES Val do Asma foi, un ano máis, seleccionado para participar no Programa eduemprende Actúa da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Listado de centros seleccionados no curso 22-23.

VI Xornada "Experimenta en feminino"

10/02/2023 09:35
10/02/2023 14:15

Actividade de divulgación sobre ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas con motivo do Día Intenacional da Muller e da Nena na Ciencia, que se celebra o 11 de febreiro. Para saber máis, podes visitar a páxina web de eXXperimenta en feminino.

Dirixido a: Alumnado de 1ºESO
Lugar: Praza Bispo Cesáreo (Ourense)
Organiza: Departamento de Matemáticas

Visita Expoferr 2023

09/02/2023 09:30
09/02/2023 14:15

Saída para visitar a Feira de subministracións e ferraxería industrial, protección laboral e maquinaria EXPOFERR 2023

Dirixido a: Alumnado de 1º e 2º cursos do CB Mantemento de vehículos e CM Electromecánica de vehículos automóbiles.
Lugar: Silleda (Pontevedra).
Organiza: Departamento de Transporte e Mantemento de vehículos.

Charla sobre reciclaxe

03/02/2023 12:35
03/02/2023 14:15

Charla sobre o uso do contedor marrón que se implantará en Chantada. A charla será impartida por Ancaria, especialistas en xestión ambiental.

Dirixido a: Alumnado de 1º ESO, 2º ESO e Ciclos Básicos de FP (de 12:35 a 13:25h) e 3º ESO ( de13:25 a 14:15H).
Lugar: IES Val do Asma
Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraexcolares (DACE).

Labemprende

01/02/2023 12:00
01/02/2023 13:30

O alumnado do CM Electromecánica de vehículos e CS Administración e finanzas participarán no laboratorio de emprendemento Labemprende, actividade impartida pola Fundación La Caixa.

Lugar: Chantada
Destinatarios/as: Alumnado de 1º e 2º CM e 1º e 2º CS
Organiza: Departamento de FOL

Exposición Ceos de Galicia

27/01/2023 11:45
27/01/2023 13:30

O alumnado de 1º ESO (de 12:35 a 13:30h) e o de 3º ESO (de 11:45 a 12:35h), acompañado polo profesorado do IES, acudirán á Exposición comentada sobre os Ceos de Galicia.

Lugar: Espazo Xove de Chantada
Destinatarios/as: Alumnado de 1º e 3º ESO
Organiza: Coordinadora DACE

Nadal 2022

22/12/2022 11:45
22/12/2022 14:15

O último día lectivo, xoves 22 de decembro, realizaremos as seguintes actividades:
11:45 h: Decoración de aulas e elaboración de tarxetas con desexos de aninovo.
12:35 h: A quinta hora colgaremos os nosos desexos nunhas guirnaldas colocadas a tal efecto.
13:25 h: Baile con temática navideña e entrega de premio á mellor decoración de aula.

Obradoiro VolunTIC - Día internacional do voluntariado (5 DEC)

05/12/2022 11:45
05/12/2022 12:35

VolunTIC Galicia Rural é unha actividade que se centra na formación e divulgación de voluntariado tecnolóxico para chegar ás zonas rurais de Galicia, para por en valor o voluntariado tecnolóxico, e o intercambio de experiencias e boas prácticas. Será desenvolvido pola Fundación Cibervoluntarios, desde a que  levan 20 anos promovendo o uso e coñecemento da tecnoloxía como medio para paliar as fendas sociais.


Lugar: Aula de referencia
Destinatarios/as: Alumnado de 1º CB Informática de Oficina.
Organiza: Departamento de Orientaciónen colaboración coa Fundación Cibervoluntarios.

Charla sobre violencia e agresións sexuais - 25N Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

01/12/2022 12:35
01/12/2022 14:15

A charla será desenvolvida por María Angélica Mercado Torres, Mestra de Lingua Inglesa, especialista universitaria en estudos de xénero e políticas de igualdade. Queremos propiciar no alumnado a reflexión do redor da violencia sexual. Partindo dos conceptos básicos como o sexo e o xénero, os estereotipos de xénero e o sexismo avanzaremos cara outros máis complexos como o consentimento, a violencia sexual (concepto, datos, tipoloxía e mitos), a ciberviolencia sexual e a cultura da violación… sen esquecer dar a coñecer os  recursos e o movemento social.

Lugar: Salón de actos
Destinatarios/as: Alumnado de BAC
Organiza: Departamento de Orientaciónen colaboración co CIM de Chantada

Obradoiro Día Mundial da loita contra a SIDA (1 DEC)

01/12/2022 11:45
01/12/2022 14:15

A través dun obradoiro práctico e participativo, impartido por Luisa Astray García, Educadora social da UAD do Concello de Monfort, desenvolveremos unha actividade de sensibilización para recordar ao alumnado a epidemia global da SIDA causada pola infección do VIH, dando a coñecer o estado actual da epidemia, tratando de derrubar prexuízos e incidindo nas vías de prevención do contaxio. No seguinte horario:

11.45 h - 1º CB Mantemento de Vehículos
12.35 h - 4º ESO
13.25 h - 1º CB Informática de Oficina

Lugar: Aula de referencia
Destinatarios/as: Alumnado de 1º FP básica e 4º ESO
Organiza: Departamento de Orientaciónen colaboración coa Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Monforte

Distribuir contenido


by Dr. Radut