Skip to Content

Complementarias

OBRADOIRO BO TRATO

22/11/2019 11:45
22/11/2019 13:00

Por mor da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) o IES Val do Asma realizará un obradoiro sobre o bo trato e mitos do amor romántico.

Destinatarios : alumnado 1º ESO.

Organiza: Departamento de Orientación

OBRADOIRO LINGUAXE NON SEXISTA

22/11/2019 13:00
22/11/2019 14:15

Por mor da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) o IES Val do Asma realizará un obradoiro sobre linguaxe non sexista.

Destinatarios: Alumnado de 1º CM e FPB.
Organizan: Departamento de Orientación.

1ª XUNTA DE DELEGADOS 2019/2020

O pasado 8 de novembro tivemos a primeira Xunta de Delegados na que os representantes dos alumnos/as comunicaron á Xefa de Estudos as súas propostas de mellora: poñer unha fonte de auga no patio, introducir unhas caixas para depositar os teléfonos móbiles en 3º da ESO, organizar unha saída de convivencia de grupo-clase de fin de curso, facer unha mellor xestión do lixo clasificando e reciclando... Do mesmo xeito fixeron un exercicio de reflexión e autocrítica detectando as materias nas que máis dificultades teñen, aquelas nas que hai máis condutas disruptivas e aqueloutras que requiren un maior esforzo.

A Xefa de Estudos, pola súa banda, recordoulles as normas básicas de convivencia, recolleu as súas propostas comprometéndose a transmitilas á equipa directiva e buscando mediar entre alumnado-profesorado. Tamén presentou o programa de reciclaxe que se desenvolverá no noso centro no vindeiro trimestre.

Tratouse, sen dúbida, dunha experiencia única e moi enriquecedora.

Adxúntanse imaxes de dita reunión.

EDUEMPRENDE ACTÚA 19-20

20/11/2019 12:00
20/11/2019 13:30

Actividade na que participará persoal técnico do IGAPE, se presentará unha persoa emprendedora da comarca que compartirá co alumnado a súa experiencia persoal e ao remate haberá unha mesa redonda. Para máis información preme aquí.

Lugar: IES Val do Asma
Destinatarios : Alumnado 2º curso Ciclos Superiores e alumnado de Economía no BAC.
Organiza: Departamento de Administración.

MAGOSTO

15/11/2019 11:45
15/11/2019 14:15

 

OBRADOIRO AUDIOVISUAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

14/11/2019 10:25
14/11/2019 14:15

Por mor da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) o IES Val do Asma realizará un obradoiro audiovisual en que o alumnado en 3 sesións vai a traballar a Igualdade de xénero. A última sesión empregarase para grabar un vídeo elaborado por eles.

Destinatarios: Alumnado de 3º ESO

Organizan: Departamento de Orientación e o Departamento de Educación Plástica e Visual

CONCURSO DE CABAZAS

14/11/2019 08:45
14/11/2019 14:15

O IES Val do Asma organiza entre o alumnado un concurso de cabazas.

O traballo consistirá en presentar unha cabaza real traballada dentro da temática "Halloween".

As cabazas presentadas poderán ser entregadas dende o luns 4 ao xoves 14 de novembro en Vicedirección.

Coñecerase o gañador ou gañadora o día 15 de novembro.

Pódense consultar as bases do concurso aquí.

VISITA Á CENTRAL TÉRMICA DE AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

15/10/2019 09:45
15/10/2019 17:15

Alumnado do IES Val do Asma realizará unha visita a unha central térmica de ciclo combinado nas Pontes de García Rodríguez.

Organiza: Departamento de Física e Química

Destinatarios: Alumnado de 3º ESO, 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC

CAMIÑO DE INVERNO

02/10/2019 08:45
02/10/2019 14:15

Alumnado do IES Val do Asma realizará un tramo do Camiño de inverno, xunto con outros centros escolares, para colaborar na súa promoción en colaboración coa Asociación do Camiño de inverno.

Organiza: Departamento de Educación Física

Destinatarios: Alumnado de 1º ESO e 2º ESO

CENTRO DE INTERPRETACIÓN CASTRODEZA

21/06/2019 09:20
21/06/2019 14:15

Alumnado de ESO realizará unha saída para visitar o Centro de interpretación Castrodeza e o Pazo de Liñares.
Lugar: Lalín
Grupo: 1º e 2º ESO.
Organiza: Departamento de Historia.

Preme na imaxe para ver máis fotografías da visita.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut