LISTAXES DEFINITIVAS DO PROCESO DE ADMISIÓN 21/22.

Infórmase de que están publicadas desde hoxe (11/05/21) as listaxes DEFINITIVAS de admisión para o curso 21/22. Por mor da protección de datos as listaxes estarán expostas na cortiza do hall do centro e na app AdmisiónAlumnado, non podendo dar información por vía telefónica nin publicala nesta web.

De acordo co artigo 31 punto 4, poderase consultar as listaxes coa puntuación desglosada dos criterios de baremo na secretaría do centro.

De acordo co artigo 32 punto 1, poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefactura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación (11/05/21).