PROCESO DE ADMISIÓN. NIVEIS NOS QUE HAI QUE BAREMAR.

Infórmase de que nos seguintes niveis, como o número de solicitudes supera a oferta de prazas,  é preciso baremar:

1º ESO

3º ESO

1º BACHARELATO

2º BACHARELATO

O prazo no que as familias poden presentar a documentación xustificativa dos criterios alegados nas súas solicitudes vai desde o 25 de marzo ata o 12 de abril.

De non presentar a documentación enténdese que renuncian á valoración correspondente.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.