PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 21/22

 

PROCESO DE ADMISIÓN

 

Se queres acceder á aplicación informática do proceso de admisión preme AQUÍ

 

 

RESERVA DE PRAZA. Desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.

 

Por parte do alumnado dos centros adscritos (CEIP Cabanas, CEIP San Martiño e CEIP A Carballeira) 

Farase: por medios telemáticos no enderezo http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou no centro de orixe.

 

VACANTES. Antes do 1 de marzo publicación dos postos vacantes no centro. Ver vacantes

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN.Desde o 1 ao 22 de marzo, ambos inclusive.

  

Por parte de alumnado que non pertence a un centro adscrito ou que se reincorpore ao sistema educativo. 

A solicitude será única. De ter presentadas máis de unha perderá os dereitos de prioridade que lle poidan corresponder.

Presentarase: por medios telemáticos no enderezo http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou ben na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar.

  

BAREMACIÓN.Entre o 25 de marzo e o 12 de abril.

  

Cando a demanda de prazas sexa superior á oferta de vacantes, as familias poderán presentar a documentación acreditativa dos criterios de admisión alegados na súa solicitude. De non facelo entenderase que renuncia á valoración correspondente.

  

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN. Publicaranse antes do 26 de abril.

 

Aféctalle ao alumnado que presenta solicitude de admisión. 

Non se facilitará información telefonicamente sobre as listas, por mor da protección de datos. Para acceder á mesma deberá achegarse á corticeira do hall do centro ou ben a través sede electrónica coa súa conta.

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN. Publicaranse antes do 15 de maio.

 

Aféctalle ao alumnado que presenta solicitude de admisión.

Non se facilitará información telefonicamente sobre as listas, por mor da protección de datos. Para acceder á mesma deberá achegarse á corticeira do hall do centro ou ben a través sede electrónica coa súa conta.

 

MATRÍCULA. Para todo o alumnado, sexa novo ou non, que quera cursar estudos no centro.

 

  • Matrícula ordinaria (Xuño/xullo). Entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.

    Para o alumnado novo e o alumnado do centro que aproba todas as materias ou, como máximo, suspende dúas materias que non sexan matemáticas e lingua galega ou matemáticas e lingua castelá.

     

  • Matrícula extraordinaria (Setembro). Entre o 1 e o 10 de setembro.

    Para o alumnado do centro, logo da convocatoria extraordinaria de setembro.

 

 

Podes consultar a normativa sobre o proceso de admisión: