Proxecto Educativo
A través desta publicación o IES Gonzalo Torrente Ballester dá a coñecer a toda a comunidade educativa o seu Proxecto Educativo. É este un documento de carácter institucional que orienta a vida do centro, regulándoa no contexto no que está inserida, con independencia das persoas que poidan estar no instituto nun momento determinado. O seu obxectivo principal é o de converterse nunha liña de actuación do centro, na cal se establezan as metas e compromisos dos diferentes sectores da comunidade educativa na procura dun funcionamento regular e dunha coherencia nos procesos educativos. Trátase, en fin, dun conxunto de ideas e decisións relacionadas coas opcións educativas básicas e a organización xeral do centro.
Todas aquelas persoas que estean interesadas en consultar o Proxecto Educativo do IES Gonzalo Torrente Ballester poderano facer descargando o documento que se xunta como anexo a esta publicación. Para facilitar o acceso a este documento, xúntanse tamén unha serie de guías por sectores da comunidade educativa coa información vinculada e pertinente a cada un deles.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PROXECTO EDUCATIVO.rar | 7.98 MB |
Guía do alumnado.pdf | 457.18 KB |
Guía das familias.pdf | 410.6 KB |
Guía do PAS.pdf | 96.37 KB |
Guía do profesorado.pdf | 507.92 KB |
Guía dos titores.pdf | 340.43 KB |