Probas de clasificación, certificación e promoción.ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE PONTEVEDRA
Probas de certificación 2013
PROBAS DE CERTIFICACIÓN
Quen pode presentarse
Todas as persoas que quixeren, incluído o profesorado asistente aos cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) no ano lectivo 2012-13; non pode presentarse pola modalidade libre o alumnado xa matriculado no mesmo curso e nivel na modalidade oficial.
Non é preciso ter aprobado o exame de certificación dun nivel inferior para poder matricularse e presentarse a un superior.
Organización das probas
Estas probas de certificación son comúns para todas as modalidades e réximes de ensinanza en cada EOI e permiten o acceso directo ás ensinanzas do nivel inmediatamente superior.
- O calendario de xuño (convocatoria ordinaria) e setembro (convocatoria extraordinaria) para as probas escritas (comprensión escrita, comprensión oral, expresión escrita) é único para todas as EOI de Galicia.
- O calendario para as probas de expresión oral é fixado por cada Escola, podendo ter lugar antes ou despois das probas escritas. O calendario definitivo das probas orais e as diferentes convocatorias por linguas será publicado, alén de nos taboleiros da Escola, nesta categoría desta mesma páxina web.
Por último, recomendamos ao alumnado candidato consultar os modelos de exames de anos anteriores.
http://www.edu.xunta.gal/centros/eoipontevedra/probas