Enviado por admin o Lun, 14/02/2022 - 15:41
Xa quedaron atrás as XXII XORNADAS DE ORIENTACIÓN AO EMPREGO.
UN BREVE RESUMO DO ACONTECIDO…
Empezamos o martes 1 de febreiro, trala inauguración por parte do Excma. Sra. Marta Mariño, Xefa territorial de Emprego e Igualdade de Pontevedra, comezaba o primeiro día das xornadas cunha actividade sobre as desigualdades no emprego na actualidade con dona Trinidade Campos, secretaria de igualdade de UGT Galicia. A mañá continuou con proxectos de economía circular onde dona Arancha Mañas (presidenta de Aproema), don Hugo Vila (secretario de Aproema) e don Alejo Calatayud (responsable de desenvolvemento de negocios e comunicación de Revertia) contándonos as súas experiencias . Mentras don Alberte Cea impartía un taller aos alumnos de FPB sobre redes sociais e búsqueda de emprego.
Pola tarde falamos de emprendemento na nova era díxital con don Fran Yañez (presidente de DIHIGAL) e da diferenciación como clave de éxito no emprendemento con don Xose Luis Reza (presidente de Markea) cerrando así a a tarde.
O mércores 2 de Febreiro contamos con persoas expertas realizando diferentes obradoiros: Para a famila de Imaxe Persoal: dona Lourdes Mourelle de termalismo e wellness; dona M.ª Encarnación Sousa e Lucia Ferrón sobre prevención de riscos laborais na manipulación de cosmeticos (ISSGA) ; dona Lucia Chavez sobre maderoterapia (Diamond Estetic); don Juan Carlos Roig sobre barbería na quenda de maña. Pola tarde contamos con: dona sabela Garrido sobre unha cultura saudable con Secretos del Agua, con Marta López sobre Talasoterapia (Talasso Atlantico), Marta Ferro sobre identidade de marca e comunicación (Closet comunicación); dona Monica Puga sobre micropigmentación e novamente con Juan Carlos Roig da Barbería Roch.
Para a familia de Informática: don Rodrígo Souto e don Jorge Teixeira (BizaWay) falaron sobre contedores, maquinas virtuais, redes e monitoreo; don Leo de Carlos sobre edición de vídeo; dona Mireia Murgoitio de metodoloxías áxiles con scrum; don Miguel Angel Areán e Nicolás Casal (Polygone) sobre creación de videoxogos para móviles na quenda de mañá. Para o alumnado da tarde voltamos a contar con don Miguel Angel Areán e Nicolás Casal sobre creación de videoxogos para móviles; don Alberto Bascuas, don Delio Docampo e dona Macarena Elia que nos expuxeron a súa experiencia en Deloitte profesións e habilidades mais demandadas na informática.
Rematamos o venres 4 de Febreiro coa charla impartida por dona Nieves Brisaboa falando sobre o emprendemento con base tecnolóxica procedendo a continuación ao acto de clausura con don Luis Vilan director do IES de Teis. DESEXÁMOS QUE VÓS GUSTARAN. MOITAS GRAZAS a todos e todas, alumnado e profesorado de Formación Profesional, pola vosa asistencia e participación activa, en especial ao alumnado de Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa, alumnado de Informática que realizou as gravacións e emisións en streaming con Cristina Castiñeira, alumnado e profesorado do IES Montecelo de Pontevedra que realizou as impresións de cartelería; a Irea Vila, María Gónzalez e Isabel Torres. Moitas gracias ás empresas e entidades que colaboraron desinteresadamente nestas xornadas.
GRAZAS DE PARTE DE TODO O EQUIPO DE ORIENTACIÓN E EMPREGO, organizador das xornadas.
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License