O 21 de decembro, coincidindo co día de entrega de notas do primeiro trimestre e organizado polo Departamento de Educación Física, celebráronse varias actividades deportivas en horario de 9.00 a 11:00 no pavillón. Entre elas, as semifinais e finais de bádminton individual ( categorías masculina e feminina) así como partidos de brilé.
O venres 16 de novembro celebrouse no Instituto o tradicional Magosto. Ademais das castañas asadas, os profesores de Educación Física organizaron diversos xogos tradicionais para todos os alumnos e alumnas que quiseron participar: carreiras de sacos, zancos, tiro de corda...
O xoves 14 de xuño os alumnos e alumnas de 3º da ESO B e 1º de Bacharelato B asistiron a unha charla sobre alimentación equilibrada no salón de actos do centro. A actividade forma parte do programa "Síntome ben" do Concello de Vigo.
A xornada de convivencia deportiva do pasado martes 29 de maio co IES Francisco Asorey de Cambados, resultou todo un éxito. Os alumnos e alumnas deste instituto achegáronse o noso centro acompañados polos dous profesores de Educación Física. Durante toda a mañán organizamos unha competición de bádminton individual por equipos.