Dentro do proxecto Erasmus de mobilidade KA121 as compañeiras do departamento de Imaxe Persoal, Mercedes Sías Trillo e Mercedes Pose Recarey, realizamos a estadía coa peluquería Hair Lobby, Lda en Cascais e coa Escola de FP, EFAPE de peiteado e estética en Lisboa.
No salón de peiteado Hair Lobby a primeira sesión foi contar como é Vigo, Galicia, o noso centro e intercambio de información dos respectivos sistemas educativos . Posteriormente recibimos formación dun protocolo completo da cosmética Secretos del Agua a cargo das súas delegadas técnicas para Portugal, de peiteado e estética.
Nos siguientes días observamos difentes traballos de peiteado e estética, asi como os diferentes departamentos. Visitamos outro salón de peiteado en Cascais da mesma empresa, coñecemos o seu funcionamento e o seu equipo de profesionais.
O noso proxecto de fomación continúa coa Escola de FP de Peiteado e estética EFAPE en Lisboa.
O primeiro foi compartir a información sobre os nosos respectivos centros educativos e coñecer o seu equipo directivo, profesorado, alumnado e instalacións.
Impartíronnos en sucesivos días un curso teórico-práctico de coloración capilar actual e un protocolo de tratamento corporal Detox de estética, coñecemos nova cosmética, tanto de peiteado como de estética. Compartimos formación co seu alumnado.
Tamén visitamos un salón de peiteado e estética en Lisboa que ten interese en acoller ao noso alumnado en prácticas.
Acadamos varios contactos de centros de FP de Imaxe persoal e de Informática, e varios salóns de peiteado e de estética para futuros intercambios co noso alumnado e profesorado.
Todas as persoas que formaron parte desta formación, nos acolleron con moita amabilidade e dedicación. Tratáronnos moi ben!
Por suposto coñecemos a marabillosa Lisboa e Cascais! As súas xentes encantadoras, a súa fala, cultura, museos e estupenda comida...
Foi unha experiencia moi positiva tanto a nivel profesional como persoal.
Volveremos! Portugal.